BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
non parou de estudiar e escribir papeis sobre ela. De maneira que nos escritos de temática máis variada, se se refiren a Galicia, pode aparecer unha voz galega, ou ducias delas. No Epistolario do P. Sarmiento, que recolle cartas ó irmán Xavier e a moitos outros, editado por Filgueira e Fortes Alén (Consello da Cultura Galega, Santigo,1995), aparecen voces galegas e é precisamente esa voz e o seu designatum o tópico da discusión. No que atinxe a Sarmiento como lexicógrafo, a maior parte do que sabemos débeselle a J. L. Pensado Tomé; tódolos textos que citei neste escrito foron exhumados e transcritos por el (ou a el débeselle, de momento, a mellor transcrición); tamén se lle deben estudios xerais e ás veces comentarios palabra por palabra. Pero falta aínda un Vocabulario galego de Sarmiento que recolla de modo organizado tódalas voces alfabeticamente, no que se eliminen as duplicacións; porque Sarmiento repite moito (incluso dentro do mesmo manuscrito). No que se complementen as definicións que dá no manuscrito (ou sitio) A coas que dá no manuscrito (ou sitio) B. No que se trate (criticamente) de casala nomenclatura das especies animais e vexetais co systema naturae de Linneo. E así por diante. Deixo anotado o tema por se xorde algún Alethóphilo, lector destas notas, que queira acometer este traballo como tese de doutoramento. Un esbozo deste traballo adiantámolo nós mesmos no Diccionario de diccionarios (3ª ed., de próxima publicación). Nel incluímos tódalas obras lexicográficas de Sarmiento citadas nos parágrafos anteriores e delas extraemos tódalas voces galegas que cita e para as que propón, na case totalidade, algún tipo de información metalíngüistica (definición, equivalencias noutros idiomas, etimoloxía, pertenza a un campo nocional etc.). O número de lemas diferentes que rexisatramos é de 10.612, moitos deles tratados reiteradamene na mesma, en varias ou en tódolas obras. Para darse unha idea do que iso supón lembremos que o diccionario de Rodríguez chegou ós 4.001 lemas; o de Pintos a 7.090; o de Cuveiro a 11.839 e o de Valladares a 17.469. Lembremos tamén que algún deses diccionaristas, como Valladares, pasou bastantes anos, e case coa dedicación dun profesional, entregado á lexicografía galega.
NOTAS
1. Cito pola transcrición que fan Xosé Filgueira Valverde e Mª Xesúas Fortes Alén en Fr. Martín Sarmiento. Epistolario, Consello da Cultura Galega, Santiago, 1995 (carta 190). Pode lerse agora un facsímile do autógrafo en M. S., Coloquio en mil duascentas coplas, CCG, 2002. 2. Cito pola Carta en respuesta al Rvdmo. P. M. Esteban Terreros consonte a transcrición de J. L. Pensado en Opúsculos lingüísticos gallegos del siglo XVIII, Galaxia, Vigo, 1974, pp. 1941. Cito por J. L. Pensado, Fr. Martín Sarmiento, testigo de su siglo, Salamanca, 1972, p. 75. Segundo Pensado, ib. p. 36.
3. 4.
Nº 363
198