Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Clima e paralelo: ¿en qué zona, clima celeste e paralelo se atopa? Se é un territorio amplo, ¿entre que paralelos está comprendido? ¿Canto duran o seu día e noite máis longos? Latitude e lonxitude: ¿en cantos graos e minutos se atopa de altura do Polo ou de latitude da equinoccial? ¿En cantos graos e minutos se atopa de lonxitude do primeiro meridiano, e por onde pasa este para o cálculo? Se é un territorio amplo, ¿canta é a súa latitude ou ancho en graos, de norte a sur, e a súa lonxitude ou largo, de oriente a poñente? Agulla e barómetro: se a agulla magnética ou de marear declina e cánto, e a qué praga. Se se observa a variación desa mesma declinación e se é sensible a inclinación. Se hai algunha observación do que sobe o mercurio no barómetro. Se se sabe cánto se eleva o sitio sobre o plano do mar. Se hai observación da variedade de vibracións do péndulo con respecto ó mesmo péndulo noutro país. Distancias e rumbos: ¿que distancias itinerarias ten doutros lugares coñecidos? Refíranse polas catro partes do ceo e polas outras catro intermedias; por exemplo, ó norte ten tal lugar ou cidade, a tantas leguas; ó nordeste, tal, a tantas; ó oriente, tal, a tantas; ó sueste, tal, a tantas; ó sur, tal, a tantas; ó sudoeste, tal, a tantas; ó poñente, tal, a tantas; e ó noroeste tal vila e tal cidade, a tantas leguas. Sempre contando así as distancias, polos oito ventos. Se é porto de mar, ¿que distancias mariñas ten ós oito ou dez portos máis inmediatos ou máis famosos, e en que rumbo están? Póñanse as distancias por leguas ou horas de camiño (Pensado, 1996). Lamentablemente, parece que este ambicioso proxecto de descrición xeográfica de España foi pouco utilizado polos responsables do Catastro do marqués da Ensenada, a xulgar polas críticas que o benedictino lle dedicou de forma obsesiva e recorrente nos seus escritos, salientando a súa inutilidade, dispendio e calamitosas consecuencias tributarias (González Mariñas, 1997). En realidade, nesta cuestión atopámonos con dous criterios radicalmente enfrontados: as corenta preguntas do cuestionario de Ensenada, aplicado entre 1750 e 1756, pretendían avaliar a riqueza das provincias pertencentes á Coroa de Castela, co obxecto de unificar o sistema fiscal mediante unha contribución única e equitativa, en lugar das múltiples cargas tributarias que desde comezos do Dezaoito se agrupaban baixo a nomenclatura de ?rendas provinciais?; pola contra, Sarmiento perseguía un obxectivo puramente científico en relación coa elaboración dunha completa e exacta descrición xeográfica, histórica e económica de España (Filgueira, 1994; Pensado, 1995). Non obstante, Jovellanos soubo da súa existencia e en 1789 recomendou á Real Academia da Historia que se fixese unha copia; Pensado (1994, 1995) está convencido de que esta entidade o tivo en conta para o seu magno proxecto do Diccionario GeográfícoHistórico de España, finalmente interrompido pola conflictividade que marcou os últimos anos do reinado de Carlos IV e polos avatares da Guerra da Independencia. En todo caso, marcou o rumbo doutras iniciativas encarreiradas na mesma direc173 Nº 363