Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
desatendidos. A súa curiosidade dirixirase a partir de agora cara á botánica, a toponimia, a xeografía e, desde logo, todo o que tiña que ver coa lingua e cultura galegas. Un súpeto ataque de apoplexía leva á tumba a Felipe V en 1746, poñendo fin ó máis longo reinado da historia moderna de España. O mandato do seu fillo e sucesor, Fernando VI (17461759), abre unha paréntese de paz e reconstrucción interna, que tanto necesitaban os reinos de España. Sen ambición política nin dotes de goberno, confiou o poder a dous ministros: Zenón de Somodevilla (marqués da Ensenada) e José de Carvajal. Mentres tanto, Sarmiento, de novo no seu encerro madrileño, reinicia os traballos de encarga. Entre eles, o Plano de un nuevo y fácil método para formar una general descripción geográfica completa de toda la península y de toda la América (1751), probablemente a pedimento do marqués da Ensenada. En 1754, a fame provocada pola seca obrígao a saír de Madrid e a retornar a Galicia, onde nesta ocasión permanece durante ano e medio dedicado fundamentalmente a proseguir os seus traballos relacionados coa botánica e a filoloxía galega. En 1755 Sarmiento vese na obriga de aceptar o cargo de abade do mosteiro de Ripoll, aínda que esta non desexada responsabilidade libérao das funcións de Cronista Xeral de Indias que viñera desempeñando nos últimos cinco anos. De todos os xeitos, a estadía en terras catalanas non se prolonga máis de dous anos e, cando en 1757 o frade bieito volve á súa cela madrileña, os seus 62 anos non lle impiden comezar a época de maior fecundidade. Así o testemuñan os numerosos traballos de historia natural, botánica, etimoloxía e filoloxía que saen da súa pluma durante este período. E tamén de xeografía, xa que a abundante información recollida no transcurso da súa última viaxe por terras galegas permítelle redactar o Problema Chorográfico para describir todo el Reino de Galicia con un Nuevo Método (1762). A finais dese mesmo ano comeza a escribir a súa colosal Obra de seiscientos sesenta pliegos, co obxecto de responder ós ataques dos avogados coruñeses contra os foros e terras que posuían en Galicia os benedictinos, redacción que se prolongaría ata 1766. Sete anos antes morrera Fernando VI de tolería melancólica, a mesma doenza que padecera o seu pai. Diante da falta de descendentes directos, pasou a ser rei de España Carlos III (17591788), fillo de Felipe V e da súa segunda esposa, Isabel de Farnesio. O novo monarca, que viña de ser rei de Nápoles, situou o goberno efectivo do país primeiro nas mans do marqués de Esquilache e despois nas do conde de Aranda, conde de Floridablanca e Campomanes. No contexto político do ?despotismo ilustrado? e baixo o reinado máis reformista e innovador da España do Dezaoito, transcorre a derradeira etapa da vida do monxe benedictino. As preocupacións pedagóxicas están presentes en case todas as obras que saen agora da súa pluma, especialmente en Educación de la juventud (1768). Un ano antes, a Carlos III non lle resultara difícil contar coa aprobación dos superiores das outras ordes relixiosas e da maior parte dos prelados para decretar a expulsión dos xesuítas, tan poderosos como impopulares, baixo a acusación de que foran os
169 Nº 363