BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
A anécdota é moi significativa e axiña chega o momento en que ?cansado de preguntar a quienes no me sabían responder, determiné responderme a mí mismo, consultando libros para lo material de la voz y para lo formal del significado (Elementos, BRAE, XV, p. 672). O peor é que vai descubrir que nin sequera os libros poderán responder á súa insaciable curiosidade. Pronto vai atopar o mellor libro. Achégase unha nova crise e un novo paso cara a lingüística. A crise empeza en canto a súa curiosidade penetra nos dominios da Historia Natural, aí nin os libros valen porque son poucos e moi malos, non serven máis que para armar confusións. Recordará algún día aquel estado de ánimo: ?Por los años de 44 tenía la cabeza llena y atestada de nombres, pero sin poseer las ideas de las cosas. Sólo sabía las voces, y hablaba de ellas como un papagayo, y suspiraba no poco por ver los significados? (Onomástico, 188). Xa antes ?dinos: ?Era mucho el gozo que me causaba el tropezar con una voz castellana o latina cuyo significado penetraba, aunque no palpase la cosa, y con más especialidad si la cosa pertenecía a la Historia Natural?. Este gozo e eses suspiros pronto se van dilatar e acougar, achégase o ano 1745, o 9 de maio marcha ó Capítulo Xeral da Orde en Valladolid, e de alí a Galicia. Vai ben preparado, dínolo el mesmo: ?Tomé y llevé conmigo un libro en cuarto y en blanco, para ir escribiendo en él mi Diario de todos mis Viajes. Apunté todos los lugares por donde pasaba y todas las inscripciones con que tropezaba. También apunté todos los vegetables que veía, con sus nombres gallegos de frutos y frutas, todos los pescados, conchas y mariscos. Todas las aves y animales. También me fecundé de muchas voces gallegas vulgares y el Diario ocupó veinte pliegos. Y ocupé otros veinte pliegos en cuatro cuadernos de las voces gallegas que oí en Pontevedra y Galicia. Con esa ocasión me aficioné infinito a la Historia Natural, a la Botánica y a la Lengua Gallega, y a averiguar el origen y etimología de cada voz gallega reduciéndola al latín. El año de 1730 escribí sobre las etimologías de las voces castellanas, sin pensar en las etimologías de las voces gallegas hasta 1745? (Vida y Viajes, pp. 1617). Con esta viaxe, entra definitivamente o galego nas preocupacións lingüísticas de Sarmiento, simultaneando co castelán na preocupación etimolóxica. Os materiais recollidos non son soamente de Galicia, desde que sae de Madrid ata que volve, a súa pluma non para de tomar notas apresuradas, elas van ser o delicioso manxar que no escuro silencio da súa cela, alimentará durante quince anos o recluído gusto do bo monxe. Esa viaxe é unha verdadeira delicia. É unha viaxe europea, feita cos ollos ben abertos, non dedicada ás magnificencias monumentais, senón ás humildes cousiñas que observa: plantas, flores, nomes de perdidas aldeas. Non hai ningunha palabra dedicada ás grandes cidades: Valladolid e as grandes poboacións non parecen interesarlle, si, en cambio, unhas moedas que alí atopa. Parece que vai na procura da pequena historia, non a dos heroes senón a dos homes. A viaxe empeza con esta curiosa anécdota: ?En Guadarrama hoy domingo 9 de mayo de 1745. Nos dieron 4 camas pero sin ninguna manta,
Nº 363
138