BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
tivera omitido por consideralo de pouco interese. Coidamos, pola nosa parte que é o primeiro intento de penetrar nos estudios etimolóxicos, e encerra un importante testemuño da súa evolución mental neste dominio. A integración do mesmo dentro do ms. da Real Academia Española, que contén obras lingüísticas de Fr. Martín, temos que explicalo como procedente dunha fonte mellor e máis fiel que a copia da Colección Dávila. Abonda con advertir que no texto dos Elementos Etimológicos que alí figuran, aínda se conserva a numeración de parágrafos orixinal, que copias aparentemente máis fidedignas como as xa citadas, no se preocuparon de conservar. Polo ano de 1730 comeza a escribir as súas Conjeturas que chegaron a nós pero que, podemos asegurar, cunha redacción ben distinta da que nos di o autor que tiña no seu principio, xa que nela soamente se incluían voces castelás, e a que hoxe temos, inclúe xa voces galegas, topónimos, curiosidades de varia erudición, alusións a escritos tardíos, etc. Isto implica supoñer que o autor ía suprimindo, engadindo, retocando continuamente a súa obra, que está xa moi diferente do que sería nun primeiro momento. É moi probable que o núcleo e pensamento orixinal da mesma resida precisamente nestas Reflexiones sobre el Diccionario que logo foron postergadas. A década de 1730 a 1740 está ocupada, case toda, polos problemas relacionados coa defensa e publicación das obras de Feixoo. A Demostración CríticoApologética del Teatro Crítico Universal é do ano 1732. Nesta obra aínda non pode dicirse que a preocupación etimolóxica domine, anque xa se atopan algúns vestixios: lareyra, hablar ad Ephesios, nomes da balea, da illa de Hierro, etc. Nesta última advirte: ?No apruebo la ignorante satisfacción de aquellos, que oyendo etimologías, que no entienden, suelten la carcajada; pero se debe soltar la irrisión cuando se quieren introducir etimologías visiblemente quiméricas? ( I, 107). Busca Sarmiento o nome que Plinio lle dá a unha das Illas Canarias, que é Junonis Insula, en Ptolomeo Heras nesos. Sobre este Heras ou Hera ?se descubre la etimología fundada en las leyes, que se observan cuando una voz griega o latina se introduce entre las castellanas. Permite la Analogía que la E se transmute en IE: v. g. De centum, tento, vento, terra, metu, hedera, etc., decimos ciento, tiento, viento, tierra, miedo, hiedra. Ya tenemos de Hera, Hiera. También permite que la R se doble: v. g. De Ario, Saraceno, parocho, serare, morio, capparis, etc., decimos Arrio, sarraceno, parroco, cerrar, morrion y alcaparra. Con que ya hemos sacado que la voz Heras o Hera pudo pasar sin violencia a pronunciarse Hierra o Hierro. (I, 711). Vemos polo tanto que xa polo 1730, ten Sarmiento aprendidos dous dos fundamentais principios etimolóxicos: que as regras das etimoloxías están fundamentadas ?en los órganos semejantes o desemejantes con que cada letra se pronuncia? e aqueloutro de que hai unhas leis que se observan nas transmutacións das palabras latinas ou gregas que pasan ó castelán. Sen embargo non pode dicirse que por esa década a súa vocación lingüística domine sobre o principio da varia erudición que o domina.
Nº 363 134