BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
2. Cartas de Sarmiento non recollidas no Epistolario de FilgueiraFortes (1995) Se da obra de Sarmiento hai un 65% inédito, as cartas publicadas poucas máis son ca 200 4. E, sen embargo, el dicía que só a correspondencia de Feixoo xa lle enchía un caixón, polo que se podía calcular as que el lle escribira a Feixoo 5. Aínda hai outro dato. O P. Sobreira, cinco anos despois de morrer Sarmiento, formou quince tomos coas cartas que recibira o frade pontevedrés. Someteunas a un severo expurgo, eliminando as que el consideraba nocivas ou inútiles e doou en 1786 dous tomos de cartas utiles á Real Academia da Historia de Madrid no seu ingreso como Académico 6. Pero por eses dous datos que citei podemos albiscar cantos tomos darían as cartas escritas por Sarmiento e qué porcentaxe representa o actualmente publicado. As cartas escritas por Sarmiento están dispersas, como é natural e moitas perdidas para sempre; mesmo as que dirixiu a entidades con arquivos organizados padecen o paso do tempo: cónstame que ás dirixidas á Abadesa de San Paio de Antealtares en Santiago desapareceron entre un incendio do Arquivo e maila desfeita da desamortización. Ofrezo a continuación unha ducia de cartas que considero descoñecidas e que se gardan no arquivo do Convento de Santa Clara de Pontevedra, no da Real Academia Galega e na Biblioteca Nacional de Madrid. Só a primeira delas é autógrafa, polo que a ortografía das outras varía sensiblemente segundo o copista. Reprodúzoas como as leo, desenvolvendo as abreviaturas. Cada unha delas é unha fotografía da vida e mais da alma deste home. Nelas percíbese a como Sarmiento devolve un importante favor ás monxas de Santa Clara de Pontevedra; ou como os frades galegos forman dentro dos Benedictinos un grupo definido con intereses propios fronte ó resto 7. Pero vese tamén o desgusto que lle producen as insolencias de certos parentes coma fr. Millán. Percíbense os seus proxectos de melloralas cousas en Pontevedra; as relacións cos científicos da época, a censura de libros, a etimoloxía. A maior parte das cartas son ó seu irmán e amigo Xavier, alto cargo da Marina en Pontevedra. Sarmiento vivía con Galicia unha relación catuliana de odi et amo e por iso se enfurece vendo que as sementes que mandou se perderon: a desidia dos galegos enfuréceo e na carta do 13 de xullo de 1757 expresa a ira contra este pobo tan amado pero tan incapaz de collela man que se lle tende. E así como Rosalía ten un rauto de maldición para este pobo, Sarmiento chega a dicir que se ahorquen todos, y que paguen bien su afectada satisfaccion y su innata aversion á todo bueno. Amicus Plato sed magis amica veritas: e Sarmiento era por vontade propia un alethophilo, un amante da verdade. Pero para entendelo seu corazón de galego por riba de todo, cómpre lembrar que uns meses despois ponse outra vez a arrecadar sementes de 90 plantas que non hai en Galicia e o 15 de febreiro de 1758 mándalle a seu irmán Xavier, dous caixóns cheos e debidamente etiquetados e cun plan de distribución entre diferentes persoas, porque, se prenden, poden ter valor industrial e aforrar importacións. E dille que, se se cultivan,
Nº 363 70