26.04.06
acto rememorativo enmarcado na declaración do ano 2006 como o Ano da Memoria. A gaiteira Susana Seivane interpretou a ?Marcha do Antigo Reino de Galicia? e acompañou, como remate, o canto do Himno Galego. O 26 de abril de 1846, logo dun sumarísimo e irregular xuízo, foron fusilados en Carral o Comandante D. Miguel Solís e once oficiais. Concluía así o levantamento iniciado o 2 de abril na cidade de Lugo. A vila de Carral, que asistiu horrorizada ás execucións, pasou a ter dende ese momento un posto de honra no panteón heroico do liberalismo. Aquilo non foi un pronunciamento militar máis, foi un levantamento ao que se sumou a mocidade galeguista, liderada por Antolín Faraldo. O Batallón Literario de 1846 loitou cóbado con cóbado cos militares na batalla de Cacheiras e na batalla de Santiago. Algúns deles pagaron coa vida o seu empeño. Eles constituíron a primeira xeración galeguista, primeiro loitando coa pluma nos xornais, no teatro, nos debates urxidos pola paixón identitaria e, cando chegou o momento, loitaron tamén coas armas na man. Loitaron pola liberdade e pola patria. Querían unha Galicia ceibe e forte, que nunca máis fora ?colonia da Corte?, como escribía Faraldo. Amaban a terra con ese amor desesperado que foi sempre patrimonio da xuventude. Foron vencidos, pero non fracasaron. Hoxe estámolo a demostrar. Cando xa foron varridos, coma po da historia, os nomes dos executores, nós seguimos a honrar a súa memoria, e a vivir da semente da galeguidade que nos deixaron. Presidente da Academia Galega
185
Nº 368