Carral
Despois deste discurso a comitiva fixo un alto no Campo da Feira para presenciar unha intervención plástica do artista Ánxel Huete cargada de simbolismo. O creador reproduciu no chan doce siluetas humanas que contiñan unhas letras negras ilexibles. O que semellaba ser un po inofensivo resultou ser pólvora que, unha vez prendida, mostrou os nomes dos mártires, que foron cubertos cun po azul de inequívoco significado. O acto contou tamén cunha parte didáctica durante o percorrido a pé ata o cemiterio de Paleo. O historiador Antón Fernández Malde mostroulles aos asistentes o lugar concreto onde foran fusilados os oficiais de Solís, unha carballeira denominada Fraga do Rei, hoxe soterrada e da que non queda máis que a súa denominación rotulando unha rúa. Xa no cemiterio, o Presidente da Academia Galega tivo palabras de recoñecemento para o cura párroco Mateo Pereira que, xenerosamente, protexeu da rapina popular os cadáveres dos fusilados, tal como adoitaba facerse. A carón das tres lápidas identificadas, entre elas a de Solís, tres académicos leron os poemas da homenaxe que lles tiñan tributado os Amigos da Fala da Coruña en 1917: Darío Xohán Cabana leu un texto de Pondal e engadiu un texto de Manuel María dedicado aos mártires; Luz Pozo rememorou a intervención de Eladio Rodríguez e Salvador García Bodaño, a de Uxío Carré, ademais de ler un poema de seu composto especialmente para a celebración cunhas palabras que resumían a filosofía do acto: ?Aos pobos só os derrota a desmemoria?. A Homenaxe continuou coa lectura do poema ?Carral? de Florencio Vaamonde Lores a cargo do Alcalde de Carral, José Luís Fernández Mouriño e o recitado dos versos de Francisco Tettamancy por dúas alumnas dos institutos de Carral e Cacheiras. Pechou o acto a Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, cunha oportuna mención a este
Nº 368
184