26.04.06
ran as once e media da mañá do mércores, 26 de abril de 2006 cando na praza do Concello de Carral se reunían varios centos de persoas, entre as que estaban unha representación de alumnos dos institutos de Cacheiras e Carral. Estaban alí convocadas pola Academia Galega e por un oportuno bando do Alcalde para homenaxear os Mártires de Carral. Despois dun breve acto de salutación e benvida por parte da Corporación Municipal e no medio dun ambiente festeiro, amenizado polo grupo de música tradicional Alén do Mar, dirixiuse a comitiva ao pé do Monumento. Aquí, coa bandeira galega denominada Castelao ao vento, para rememorar a foto xa histórica do 26 de abril de 1931, tronou a voz do Presidente da Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro: Homenaxeamos aos que constituíron a primeira xeración galeguista, loitando coa pluma nos xornais, no teatro, nos debates urxidos pola paixón identitaria e, cando chegou o momento, loitaron tamén coas armas na man. Loitaron pola liberdade e pola patria. Querían unha Galicia ceibe e forte que nunca máis fora colonia da Corte, tal como escribira Faraldo. Amaban a terra con ese amor desesperado que foi sempre patrimonio da xuventude. Foron vencidos, pero non fracasaron. Estámolo a demostrar hoxe. Cando xa foron varridos como po da historia os executores, nós seguimos a honrar a súa memoria e a vivir da semente da galeguidade que nos transmitiron. A parte final do seu discurso foi un chamamento na defensa da lingua como a máis valiosa manifestación da identidade e convidou a empregala en todos os espazos da vida.
E
183
Nº 368