DARSE EN VERBA ABER TA. A PALABRA NA OBRA POÉTICA DE MARÍA MARIÑO 1 María Xesús Nogueira Pereira
Universidade de Santiago de Compostela
A fala galega xa non se moverá en cen anos: as palabras seguirán ehí.2 UXÍO NOVONEYRA A escrita. A conciencia do poema, da palabra, da linguaxe, a súa rigorosa transgresión para ser. Necesidade e creación. Sen débedas.3 ANA ROMANÍ
Os títulos dos dous poemarios de María Mariño, Palabra no tempo (1963) e Verba que comenza (1990), mostran, en canto indicadores paratextuais, a centralidade que a palabra posúe na súa obra. Tal relevancia reflíctese, no plano propiamente textual, na constante alusión a unha verba encendida no peito e pousada nun papel trillado para a súa permanencia no tempo, outro dos elementos centrais na poética da escritora. No entanto a palabra poética, constantemente invocada no verso de María Mariño, presenta numerosos matices que analizarei nas páxinas que seguen, nas que profundarei ademais sobre unha cuestión estreitamente vinculada a esta, como é a dimensión metapoética da obra da escritora e os seus intentos de reflexión sobre o acto de creación. TÍTULOS ATRAVESADOS POLA VERBA Volvendo á cuestión dos títulos, cómpre chamar a atención acerca da súa escasa presenza no conxunto da poesía de María Mariño. Estes indicadores tan só aparecen nun reducido número de composicións do seu primeiro libro e posúen, en todos os casos, un carácter temático, no sentido genettiano do termo4: ?Miña nai?, ?O meu tempo?, ?Noite de San Johan?, ?Cruceiro?, ?O arbre seco?, ?A morte?, ?Primaveiras?, ?Noite caurelá? e ?Noia?. No segundo e derradeiro libro, as composicións non levan título senón que aparecen numeradas. Non obstante, se reparamos no título dos dous poemarios é posíbel apreciar un claro paralelismo, tanto no que se refire á tematización da palabra, na primeira parte destes, como da dimensión temporal, na segunda, expresada cos sintagmas ?no tempo? e ?que comenza?. Por outra banda, os títulos estabelecen relacións textuais con algunhas composicións dos respectivos poemarios. Palabra no tempo, cuxos ecos machadianos resultan claramente recoñecíbeis, fai referencia á proxección temporal da palabra, da verba do
75 Nº 368