Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
cado pola institución en 1995 co título Estudos [sic] adicados a Fr. Martín Sarmiento. Artigos dos ?Cuadernos de Estudios Gallegos? (19451982). Unha boa parte deste volume é a reimpresión do tomo XXVII (fascículos 818283), correspondente ó ano 1972, bicentenario da morte do noso sabio. Trátase dun número monográfico, o de 1972, digno de Sarmiento. Era Filgueira Valverde o director do Instituto (e dos Cuadernos), e os tempos (tres anos antes da morte de Franco) aconsellaban outros modos. Pero ¿cantas páxinas sarmentianas se publicaron, nos Cuadernos, entre 1944, ano da estrea, e 1972? Recolleitas están no volume de 1995, que prologa Eduardo Pardo, o actual director da institución, nestes termos: ?Nesta nova edición [a do tomo XXVII, de 1972], endebén, coidadosamente corrixida, intégranse, cos artigos do volume devandito, todas cantas aportacións concernentes ó P. Sarmiento foron vendo a luz, esparexidas, nos máis de cen volumes da nosa revista?. Se esta recompilación, feita polo Instituto, non erra, as ?aportacións? anteriores a 1972, son seis, estas: o artigo citado de Sánchez Cantón (1945); cinco cartas ó libreiro Francisco Manuel de Mena, en edición do mesmo Sánchez Cantón (1948); once cartas ó seu irmán Javier, en edición de J. Simón Díaz (1948); un breve artigo de F. Cordero Carrete sobre a orixe de Prisciliano segundo Sarmiento (1953), e dous, pouco extensos, de José L. Pensado (1966, 1969). Pouco máis de cincuenta páxinas é o labor da revista do Instituto entre textos do P. Sarmiento e textos sobre el. Hai, sen embargo, unha ?aportación? máis, que non menciona Eduardo Pardo: a edición, como anexo III dos Cuadernos, en 1950, de Viaje a Galicia de Fray Martín Sarmiento (17541755). Lemos na cuberta (e na portada): ?Ms. de la Abadía de Silos transcrito / por / Fr. Mateo del Álamo y Fr. Justo Pérez de Urbel / Edición y notas de F. J. Sánchez Cantón y J. M. Pita Andrade?. Sendo plausible a exhumación dun inédito, hai que dicir que as notas son escasas e, en canto ó prólogo, que titulan ?Explicación?, cómpre reter: a) ?Con el presente Anejo prosigue el Instituto la publicación, iniciada con algunas cartas, de inéditos de Fray Martín Sarmiento. Es tarea que se estima fundamental entre los trabajos de nuestro Centro y que, si hasta ahora se ha llevado con lentitud, motivadora de reparos, esperamos que pueda acelerarse.? Que se saiba, non se exhumou ningún inédito, agás unha carta sobre Prisciliano, antes de 1972 (Sánchez Cantón faleceu en 1971). b) ?Acaso se piense que debió acometerse la edición de estudios del P. Sarmiento de mayor alcance [...] Lejos del empuje de otras empresas eruditas y literarias, los apuntes concisos del presente relato pueden resultar útiles para estudios diversos.? O prologuista sabe que ofrece ó público un texto de certo interese pero tamén é consciente de que existen outros inéditos de máis entidade e ambición, ?de mayor alcance?. Que nunca o Instituto de Estudios Gallegos ?Padre Sarmiento? exhumou, e, en canto a reedicións, nunca acometeu a do Onomástico etimológico de la lengua gallega, libro de cabeceira de moitos ?seminaristas?, como ten declarado reiteradamente Filgueira Valverde.
17 Nº 363