Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
graves. El soubo sempre qué libros importaban e en cada momento, sobre todo, qué reedicións eran necesarias. No caso de Sarmiento, os dous volumes que nos ofrece son moi valiosos en si, pero, ademais, el intúe que en Galicia non se van reeditar en moito tempo, como así foi. Eses libros son: Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles (1942) e Estudio sobre el origen y formación de la lengua gallega (1943). Eu, algúns anos despois, achegueime ó templo erudito e paixonal de Sarmiento a través deses dous volumes, e, coma min, tódolos que non querían renunciar a ese devanceiro que intuían como precursor. As Memorias apareceron na colección Hórreo de Emecé Editores (Buenos Aires), no ano 1942, colección que dirixía Luís Seoane. Léndoo sentímola emoción que Sarmiento experimentou cando bateu coa Carta Prohemio do Marqués de Santillana ou a emoción con que falaba do venerable códice das Cantigas de Santa María. Esa emoción, en moitos de nós, era maior arredor de 1950. Hai moitas outras páxinas interesantes e suxestivas, especialmente aquela en que diserta sobre a capacidade poética das mulleres galegas. Estamos, pois, ante un libro que, en non pequena parte, pertence ó xénero de libros que son unha defensa e ilustración da lingua, ese xénero vedado nesas calendas, e despois, en Galicia, polos custodios da cultura franquista. Cómpre aclarar que as Memorias para la historia de la poesía..., rematadas de escribir en 1745, nunca foran reeditadas desde 1775, data da primeira edición (póstuma, por tanto). En 1943, o mesmo Seoane publica na colección Camino de Santiago, que dirixe26, da Editorial Nova (Buenos Aires), Estudio sobre el origen y formación de la lengua gallega, traballo que nunca aparecera en volume. Seoane parte do texto que Murguía publicara en La Ilustración Gallega y Asturiana no ano 1880. Tamén reproduce o prólogo de Murguía e as súas notas, algunhas moi útiles, como a 4 (5 páxinas), que é unha breve historia dos estudios lexicográficos e gramaticais galegos (¡Cantas liñas subliñei no seu día!). O primeiro editor, López de la Vega, publicou este texto, en 1878, co título ?Estudio sobre la lengua gallega y sobre la Paleografía Española?27, título que o profesor Pensado, o último editor28, discute, como discute o de Murguía, adoptado por Seoane. Títulos á parte, trátase dunha carta ó P. Esteban Terreros, paleógrafo, carta na que lle responde a dúas preguntas, unha sobre a orixe da lingua galega, e outra sobre a Paleografía española. A resposta ó primeiro punto é a que se inscribe máis de cheo no xénero ?defensa e ilustración da lingua galega?. Repárese nestas secuencias:
... es un error creerla [a lingua galega] dialecto de la lengua castellana antigua ni moderna (p. 29) No sé a punto fijo cuándo se comenzó a escribir; sé, sí, que duró el escribirla en los instrumentos públicos hasta los del tiempo de Carlos V (p. 31)
19
Nº 363