Imprimir
|
Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
pódese engadir ?tragees nouas de paz á uosa terra? de aceptarmos que tamén neste caso a forma homógrafa representa a contracción morfolóxica e non a prep. a. Exceptuada a frase en vocativo co posesivo posposto ao núcleo (musa miña), o artigo só falta en tres ocasións: en ?¿Non ves tua dita...??, onde faría hipermétrico un verso en que incluso conta como unha soa sílaba, e en ?por voso valor?, onde provocaría o mesmo resultado; en cambio, en ?que cengen a Mandeu con suas ribeiras? a escolla parece libre, pois, visto que se mide como unha soa sílaba noutros lugares, non tería eses efectos métricos. Por iso, cabe concluír que na gramática do autor hai as dúas opcións, unha usada de xeito preferencial e outra supeditada a condicionantes contextuais. 2. No demostrativo, a presenza de formas masculinas non autónomas con / e/ (ese, este, coma el/eles) só nos autoriza a afirmar que non conta co sistema lucuauriense. No plural, o escribente de ms. B vacila na terminación e escribe en primeira instancia , pero decántase pola solución tipicamente galega e autocorríxese, aínda que a emenda pasa desapercibida ao copiar ms. A. O demostrativo amalgámase coa prep. con en coesa, unha solución hoxe en retroceso no uso e en repregue cara ao sur, o que engade valor ao testemuño dado neste texto18; a secuencia /oe/ desta amálgama conta aquí como unha soa sílaba, consonte o que tamén ocorre coa correspondente amálgama co artigo. 3. As formas do posesivo rexistradas son miña, teu, tua e túas, suas, voso, vosa, e variantes gráficas; para a diferenza de pronuncia entre a bisílaba túas e as monosílabas tua e suas, vid. § 4.1,3. Atopámolo en posición posposta ao núcleo no vocativo musa miña, unha opción tida por menos tradicional cá anteposición. Respecto ao uso, cabe sinalar que tódalas formas voso/vosa teñen valor de '2P sg. cortés', referidas a 'Diego'. Para uso do artigo ante posesivo, vid. supra. 4. Entre os cuantificadores destaca a presenza da variante moito (< M U LTU), que desde ? a Idade Media se vai impondo como tipicamente galega fronte ás outras variantes diatópicas, sobre todo a custo de muito, coa vogal tónica inflexionada que triunfa en portugués (moitos días, moytos reinos, por dïante vos escolleu de moitos; en consonancia con X este resultado, froita < FRUCTA) (cfr. Maia 1986: 557560 e ss). A súa variante prenuclear emprégase no texto ante adxectivos e participios, coa forma muy ~ mui (cousa mui certa, muy galás, por muy escollidos, das muy altas proezas) e só nunha ocasión moy (con moy doce canto); non é estraña esta alternancia formal, pois, aínda que no ámbito do moito se esperaría a forma reducida moi, a queda nunha valgada átona favorece o emprego da variante con vogal máis pechada. Como cuantificador dun adverbio só se atopa o adv. ben (ben cedo 'máis cedo do esperable'). Tanto úsase coa forma plena ante substantivo (tantos escudos, armas e paueses; de tanta guerra) e coa forma reducida ante adxectivo e participio (tan enteira, tan enteiro, tan fermosa, tan fresca e tan polida, tan honrradas, tan compridas). A forma máys cuantifica a cua?
267
Nº 364
|
|