Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
OS LIBROS DE FONTENLA LEAL Diego Bernal, Manuel Dans, Xosé Mª. Dobarro e Afonso Méndez (Universidade da Coruña)
A Pablo Cancelo pola valiosa axuda técnica e a amizade
O 5 de decembro de 1919 morría no Hospital Calixto García da Habana José Fontenla Leal. Contaba 55 anos de idade ?nacera en Ferrol o 12 de febreiro de 1864, 45 deles vividos na capital cubana. Como o óbito tivo lugar na pobreza e no abandono, ao día seguinte foi soterrado nunha fosa común ?a nº 1 da 2ª fileira? do magno cemiterio Colón. Como acontece tantas veces, despois da morte viñeron as xustificacións e as gabanzas. Entre os múltiples méritos a favor de todas as causas galegas que se mencionan hai, como non, alusións á súa bibliofilia. Tal é o caso do solto, posiblemente da autoría do seu paisano ferrolán Adelardo Novo (DE 1919), aparecido no Diario Español
Descanse en paz este ferrolano noble, este gallego apasionado, entusiasta y patriota como pocos, cuyo amor a los prestigios literarios y artísticos de su ?terriña? le llevaron a invertir constantemente sus ahorros de modesto obrero litográfico en formar una espléndida biblioteca y un interesantísimo archivo gallego. No podía tener otro fin aquí, un gallego como el pobre Fontenla, el desventurado ?Breogán?, como le llamábamos unos cuantos para halagar su ?Enxebrismo? ¡Ha muerto pobre, ha muerto abandonado, ha muerto en un Hospital!...
ou o do artigo de Emilio Castro Chané (1919), con quen viaxara á Coruña acompañando os restos de seu pai, o excelso músico1,
Su casa, su pequeño hogar, era un verdadero museo, donde al cabo de muchos años de admirable labor, reunió la más completa biblioteca de libros sobre asuntos gallegos y de autógrafos de gallegos insignes.
Mais as referencias a esta súa preocupación polos libros viñan de vello. Xa en 1905, cando, froito dos entusiasmos e esforzos de Fontenla, se constituíu a Academia Galega, Ángel Barros Freire (1905) ?curmán de Manuel Lugrís?, que sería máis tarde presidente da Asociación Iniciadora e máis do Centro Galego? reparaba en que
Fontenla, además, es un bibliófilo; pero un bibliófilo netamente gallego. Erudito de verdad y sin pretensiones, Fontenla tiene conocimientos sólidos de ciencias, artes y literatura universales; pero y van dos su fuerte, su baluarte, son las artes y literatura gallegas. Preguntad á Fontenla por el origen de nuestra lengua, por las épocas de su apogeo y decadencia; preguntadle por los músicos, los artistas y los sabios de Galicia en todas las épocas; preguntadle por sus bardos más ilustres que constituyen su obse
313
Nº 363