Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
ou xorelo: «Sacáronlle as magas/ botáronlle dentro/ sal e máis vinagre,/ allos e mais cheiros». Automática represión de Maruxa: «Fe, pu, como fedes,/ Perucho fedello,/ con conto tan podre,/ tan porco e fedento! // Coidei que poñías/ por caso e exemplo/ cando no Nadal/ no noso terreo/ matan, lañan, salgan/ os porcos ben cheos,/ e fan os touciños/ e mais os codelos». Estas cousas revelan un Sarmiento pouco fascinado pola Monarchia (digamos) Española, pero o seu animus licúase na desculpa: falou o persa, ou o indio, ou o marroco, ou o rústico galego. Marcos da Portela cifra a mensaxe, en notario. Sarmiento, bravo Sarmiento, elídese. Non se responsabiliza. Estamos perante un texto burlesco, que mesmo na burla anticlerical anuncia Curros, a apresentarnos cregos (crego e frade son as palabras que utiliza; non hai eiquí eclesiásticos nin presbiteros, moito menos sacerdotes segundo a terminoloxía de Pío IX) comellóns e ridículos: «Todos cantos frades/ ían no enterro/ levaban alforxas/ de la ou de lenzo/ Disque alí botaran/ viño, pan e queixo,/ e mais empanadas/ e mais un torresmos./ Eu ben vin as botas,/ afellas, eu creo,/ nin ían buxanas/ nin cheas de vento». Pro en descargo do «anticlericalismo» de Sarmiento hai que decer que, alén de criticar, en plan Frai Gerundio de Campazas, certa oración fúnebre dun Centro Gallego de Madrid (avant la lèttre) por Don Filipe, imponse contextualizar: Sarmiento vía con lucidez e horror a política do Marqués de Pombal (Carballo e o Carballismo dicía el nunha carta a seu irmao Xavier) contra os Xesuitas de Portugal, política que el vía vir a España e ao Mundo: había que pór as barbas bieitas a remollo (así escribía el) e a Revolución Francesa era presentida polo sabio. A desposesión do poder das institucións católicas, o mundo contemporáneo: Mendizábal, Madoz. As coplas rin, a cachón. Nelas os sexos humanos desputan e as raparigas pobres son tan ceibes de lingua coma os rapaces; o corpo, digamos por Bakhtin, maniféstase en forma de comida. Todos comen, e asistimos na Chan de Parafita á constitución de Kjiokemoldingen de restos de mariscos contemporáneos. Está presente a gastronomía tradicional e a de elite, cos seus pratos fríos, e tamén unha serie de recursos de docería. De porparte, e para máis Bakhtin, o carnaval, o entroido, a moxiganga, o xogo, a festa, o disfrace, inundan o poema e choutan de Madrid, do bon pobo de Madrid, a Pontevedra e ao que el chama o Reino (o de Don García). Bébese «a barba regada». Ollai vós, señoras e señores: Sarmiento, logo de utilizar o Marcos da Portela de intermediario (díxoo Alonso Montero) interrompe o poema sen rematalo. Súpeto, acábase. E acábase abrupto cando se anuncia que os populares da Chan de Parafita van falar do Goberno, van falar da Política. ¿Autocensura? Sei eu ben. Sarmiento, no poema e nas súas cartas privadas e obras semipúblicas e informes oficiais, é claro: unha peza orgánica do Despotismo Ilustrado. Aínda alí ten preferencias: el quer un rei absoluto como Federico de Prusia, que protexía Voltaire, quen por certo naceu un ano antes e morreu seis despois de Sarmiento. Non quer o goberno de Pombal en Lisboa, a quen o dito Voltaire
235 Nº 363