BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
bra nas letras galegas) ou, se queren, ao brasileiro, como tamén o é a presenza constante de algún castelanismo non desexábel como é lexos. Neste sentido, sería bon que nos nosos diccionarios se deborcasen dunha vez todas estas palabras, por el explicadas en parte, incluidas aquelas que algúns lexicógrafos excesivamente enxebristas teñen considerado lusismos: como os días por feiras, pancada, ouvir, ollar, doudice, mixiriqueiro, preto, e unha chea delas máis, entre as cales se encontra (catro ou cinco veces, por se algún non quer caldo) a verba Saudade. Aínda que desta palabra e da súa historia cultural xa escribiu páxinas definitivas Alonso Montero hai uns cincuenta anos, cómpre hoxe facernos acordandes. O caso é que se trata dun poema longo de 4.800 versos hexasílabos concretados en copliñas en torno ao prototipo «Meniñas de Noia/ cando van ao Mato» que el cita e eu recollín en versión século XX, transformada en «as de Samieira/ cando van co gando/ espichan a vara e bailan o tango». Altérnanse diferentes voces, polo que Camilo Valdeorras ten defendido a súa condición dramática (non todas as voces previstas no plan inicial), e o estilo confeso é rústico, pueril, mulleril e, en suma, menor; en todo caso apropiado á condición humilde (criados, segadores, labregos) das personae. E o relato progrede, presuntamente reproducido por un Marcos da Portela que ao final se esvaece no ar, arredor de diversos temas que se van suscitando nunha tertulia ou simposión no que se come e se bebe. Nin neoclásico, nin anacreóntico, nin filosófico, nin fabulístico, este texto resúltanos máis viciño, próximo e sentimentalmente afín que a maioría dos seus contemporáneos do XVIII nas nosas literaturas próximas. Ao mellor é impresión que nos dá o estar escrito nunha lingua que ningún literato, ou case ningún, utilizaba ao tempo. A lingua condiciona a enunciación. Cronicamente contemporáneo, verista, realista, o relatorio dos personaxes non é campesino principalmente, senón que describe acontecementos na Capital de España sempre relacionados coa vida galega, principalmente usos e costumes populares, non rurais, da vila de Pontevedra. Non hai esfollas, cavas, seituras, vendimas, romerías, vodas, fiandóns, seráns, fiadeiros. Pouco antes (1721), Montesquieu puña dous persas para presentar a sociedade europea desde puntos de vista culturais diversos. Usbe e Rica son o Perucho, a Maruxa, o Xepiño, a Minguiña que ollan a Corte, o enterro de Felipe V, a exaltación de Fernando VI. Nas Coplas hai descripcións, o máis brillante, e estas cousas presentadas sonno desde fóra, desde o Outro, desde o individuo humilde, emigrado e galego (sen papeis, porque, por non os ter, cóntase eiquí que levaban os segadores ás guerras e á tropa: Dime Xorxe, cómo fostes parar á tropa). E o Outro, galego en Corte, ve o rei morto con ollos satíricos, digo brutais, digo esperpénticos. Ao Felipe V o Outro, véo ridículo no pasamento; nada da nobreza con que fina o pai de Jorge Manrique: «Oh mon Dieu, mon Dieu/ falou por extremo./ Quedouse en Mon Dieu/ morto sen remedio», aquel primeiro Borbón de todos. Logo, embalsámanno no romanzón con palabras que anuncian ValleInclán, lañándoo coma marrao
Nº 363 234