Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
expresar a necesidade de deseñar formas primixenias, esenciais e non anécdotas máis ou menos atractivas da realidade. Gleizes e Metzinger defendían que ?distinguir unha forma implica un certo desenvolvemento do espírito. Distinguir unha forma é confrontala a unha idea preexistente? (Llovet 1995: 951). Ideas moi semellantes defende Guillaume Apollinaire en 1913 no seu ensaio Les peintres cubistes. Méditations esthétiques. En Cunqueiro son moitos os exemplos desta tendencia esencializadora nos que o elemento narrativo se reduce ao mínimo evocativo, aínda que o disfrace medieval poida dar unha impresión de maior fidelidade á tradición. Os seus recursos formais están moi achegados aos de Federico García Lorca, un referente para os poetas novos desta altura. Este poema de Canciones, libro do poeta andaluz, produce unha sensación semellante ao de Cunqueiro (Bernárdez 1993: 396397):
Cipreses (Agua estancada) Chopo (Agua cristalina) Mimbre Agua profunda) Corazón (Agua de pupila)
Bouza Brey segue máis fielmente os modelos medievais (paralelismo, refrán, tópico da morte de amor...) cunha estética marcadamente formalista, como ten sinalado Ramiro Fonte, na que salientan os xogos sinestésicos e na que se insiren referentes escénicos arqueolóxicos (mámoas). A distancia de estilo é importante. Unha distancia que aínda resulta moito maior de comparármolos co poema de Xosé María Álvarez Blázquez, que elabora unha composición mimética da lírica medieval, nun proceso levado ao extremo ao longo de todo o seu Cancioeiro de Monfero. Darío Xohán Cabana fala a propósito da outra veta da poesía de Álvarez Blázquez de ?popularismo? e non de ?neopopularismo?, do mesmo xeito podemos falar de ?trobadorismo? e non de ?neotrobadorismo?, porque, certamente, a poesía inserida no Cancioeiro de Monfero parte dunha actitude ben distinta da obra de Cunqueiro ou Bouza Brey ao recoller de maneira moito máis literal as formulacións da estética trobadoresca, neste caso so a forma dunha cantiga de amigo que combina os subxéneros de romaría e ?marinha?. Ao tempo, emprega un léxico directamente medieval e utiliza os recursos estilísticos propios da cantiga de amigo: paralelismo, refrán. Xosé María Álvarez Blázquez leva a cabo unha obra que ten moito de xogo erudito mais tamén de fonda identificación emotiva e cultural. Constrúe versos seguindo as pautas rigorosas da poesía medieval, da que era un experto coñecedor, nun interesante pro85 Nº 369