BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
Xosé María Álvarez Blázquez: [GOLPARRO?] Madre, a San Treeçon irei e no río banharme ei ante que saya l'albor. Irei, madre, á romaría e banharme ei, a fe mía, ante que saya l'albor. Banharme ei, ben volo digo, ú non sábia meu amigo, ante que saya l'albor. [Banhar]me ei, per ren que seja, [ú meu a]migo non veja, ante que saya l'albor. (C.M., 29)
No poema de Cunqueiro as sucesivas etapas dunha relación amorosa son suxeridas por medio dunha palabra que evoca e resume o estado emocional de cada unha delas: ?muiñeira?, a ledicia do comezo do amor; ?ribeira? a primavera do amor; ?cantiga? a plenitude da relación e ?ña amiga?, a saudade polo amor perdido. O poeta utiliza o paralelismo e certo léxico medievalizante (cantiga, amiga) pero, na procura dun impacto o máis directo e inmediato posíbel, elimina o elemento narrativo do poema, cunha economía verbal que esencializa os conceptos. É o esencialismo formal, máis que a alusión medievalizante, o que preside o poema, que se inicia coa percepción da realidade subxectivizada polo autor, nunha estética que lembra os haikus xaponeses, conseguindo un sintetismo suxestivo. No poema de Cunqueiro cada estrofa é unha imaxe e un concepto, ficando o poema reducido a unha serie de indicacións elípticas e xustapostas, propias da montaxe cinematográfica, dotando o conxunto das estrofas dunha estrutura secuencial, moi característica da estética creacionista, que lembra a obra de poetas como Manuel Antonio, entre nós e Pierre Reverdy, Vicente Huidobro ou Gerardo Diego, noutras literaturas, con imaxes polipétalas ou múltiples como as que definía en 1919 Gerardo Diego cando afirmaba: ?La imagen debe aspirar a su definitiva liberación, a su plenitud en el último grado. El creador de imágenes (poeta, creador, niñoDios) empieza a crear por el placer de crear. No describe, construye. No evoca, sugiere. Su obra apartada va aspirando a su propia independencia, a la finalidad de sí misma. La imagen múltiple no explica nada y es la poesía misma? (Diego, ed. 1998: 7). A actitude de Cunqueiro é común á proposta repetidamente polas correntes cubista e creacionista. Pintores e escritores como Gleizes, Metzinger ou Apollinaire teimaron en
Nº 369 84