Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
car libros como Escolma de poesía galega. I: Escola medieval galegoportuguesa, Galaxia, Vigo (1952); Martín Códax, cantor del mar de Vigo, Asociación de la prensa, Vigo (1962) ou Escolma da poesía medieval, Editorial Castrelos, Vigo, 1975. Sobre o valor desta contribución de Xosé María Álvarez Blázquez coido que son ben ilustrativas as palabras de Méndez Ferrín cando afirma, a propósito da Escolma de poesía galega. I: Escola medieval galegoportuguesa: ?fico admirado ?agora mesmo? de que os xuícios críticos formulados entón e as valoracións estéticas alí feitas sigan a ser válidas nos nosos días [...] Non teñades medo: Esquío, Afonso X, Torneol, Codax, Nunes, todos son exactamente aquilo que X. M. Álvarez Blázquez dixera que eran, con lucidez e arrautadas de emoción simpatizadora, incluíndo o intre en que califica a Pero Meogo como «o meirande poeta galego de tódolos tempos». Porque é así? (Méndez Ferrín 1987: 78) TRES POÉTICAS MEDIEVALIZANTES A lectura comparada dos tres autores máis significativos do neotrobadorismo e dos seus libros máis relevantes: Nao senlleira de Bouza Brey, Cantiga nova que se chama riveira e Dona do corpo delgado de Álvaro Cunqueiro e Cancioeiro de Monfero de Xosé María Álvarez Blázquez produce no lector a sensación de que o concepto neotrobadorismo é, se cadra, ambiguo de máis e que a presenza no poema de referencias medievalizantes non pode situar unha obra ou un autor como recreadores da lírica trobadoresca, ou ao menos non a todos da mesma maneira. A crítica de Álvarez Blázquez a Cunqueiro non fai máis que reafirmar esta impresión. A distancia existente entre poemas como ?Amor de auga lixeira? de Cunqueiro, ?Gándara?, poema pertencente a Nao senlleira de Bouza Brey e ?Madre a San Treeçon irei? de Álvarez Blázquez lévanos a mundos poéticos ben afastados. Eis os textos:
Álvaro Cunqueiro: Fermín Bouza Brey: GÁNDARA Amor de auga lixeira muiñeira. e morre de amor. Amor de auga tardeira, ribeira. Amor de auga frolida, cantiga. Amor de auga perdida, ña amiga. Naquel biduído dos bidos louzanos o páxaro Sol non pía seus raios Naquel biduído dos lanzales bidos o páxaro Sol non criba seus píos e morre de amor. Non criba seus ritmos, non pousa seus raios e albean de frío os albres delgados e morren de amor. Non ceiba seus raios, non tece seus fíos e albres e mámoas albean de frío ca poldra que morre no mato cativo.
83
Nº 369