BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
das calidades destes medicamentos, tendo en conta que son ?tan violentamente activos? se se puxesen nas mans deles mesmo ?hubieran acabado con todo el Genero Humano?. Esta crítica da profesión médica foi unha constante na primeira metade do século XVIII e, mesmo en Galicia, sempre escasa en noticias científicas neste período, hai testemuños ben significativos dela como os publicados por unha Academia de Noia en 1716, ós que se veu obrigado a contestar defendendo a profesión médica o Cura de Miñortos (Opusculos Médicos Gallegos del siglo XVIII, Santiago, 1956)27 ou, sobre todo a carta circular que enviou en 1768 a Cidade de Tui a tódalas capitais do Reino de Galicia queixándose das desgracias ?que acarrea el desordenado método de la Medicina? (Disertación Médica, Fernando Oxea, Santiago, 1777)28. O hipocratismo e a valoración dos remedios naturais tamén tivo aquí sinalados defensores como o médico do Cabido Compostelán e catedrático da Universidade Pedro Gómez de Bedoya, que na Academia Primera do seu libro sobre Historia Universal de las fuentes minerales de España, di29:
Las referidas virtudes no estan vinculadas, a mi vér, a la caterva de composiciones difusas, que en nuestras Pharmacopeas aprendemos; sino tal vez a una despreciable planta, a una no conocida piedra, y a la parte menos advertida de un animal
A partir dos anos cincuenta, cando se consolidan as relacións de Sarmiento co botánico Xosé Quer, un dos fundadores do Xardín Botánico de Madrid, os seus escritos sobre medicina céntranse cada vez máis nos remedios naturais de orixe vexetal, de tal xeito que ó remate dos seus días é practicamente o único tema médico do que trata. Esta reorientación dos seus escritos cara a esta temática non é só unha consecuencia do seu hipocratismo inicial, senón que tamén responde a unha tendencia de toda a terapéutica ilustrada na procura de novos remedios que poidan substituír as formulas xa moi trasnoitadas e desprestixiadas da botica galénica tradicional. E, por outra banda, e como unha singularidade moi querida polo Sarmiento da madurez, atópase a valoración dos saberes populares, que se constitúen en fonte inestimable de remedios naturais. Desta época son os coñecidos traballos sobre a ?carqueixa?, ?bidueiro? ou ?manzanilla?, entre outros, nos que atopa no mundo vexetal unha sorte de panacea que cura case tódolos males ó tempo que é un remedio barato e alcanzable para as clases máis humildes, librándoas, unha vez máis, da cobiza de médicos e boticarios. Todo iso xustificaría o entusiasmo de Sarmiento pola medicina popular galega á que lle dedicou unha especial e permanente atención:
Antes que naciese Dioscórides, enfermaban los gallegos en su pais; y en él se curaban, con sus medicinas vulgares; no es creible, que siendo los Gallegos tan tenaces en sus antiguas costumbres, y conservando tan puras las antiguas Voces de su lengua, no conserven por tradición, muchas de sus antiguas Medicinas (Sobre la planta manzanilla, 1762).
Nº 363
52