BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
un importante papel nas academias de agricultura europeas, na de Galicia, aínda que foron invocadas e sinaladas como un medio básico para a difusión das novidades técnicas, tiveron unha cativa vixencia. Co alento reformador de Campomanes xorden neste período as Sociedades Económicas de Amigos del País de Santiago (1784), de Lugo (1785) e o Consulado del Mar da Coruña (1785). En todas elas o afán pedagóxico e reformador da Ilustración é patente, xurdindo todo un conxunto de medidas de modernización da agricultura, da industria e do comercio, das que se poderían sinalalas referidas ó cultivo dos montes, colonización de novas terras, aclimatación de cultivos e, sobre todo, a valorización a partir de industrias artesanais dos recursos naturais da terra e do mar. A inmensa maioría delas non pasaron de ser proxectos teóricos que pouco ou nada tiveron que ver coa realidade do país, aínda que nalgúns casos, como sucedía coas propostas de Consul Jove, Lemaur ou Cornide, se amosaba un bo coñecemento dos adiantos técnicos e dos coñecementos científicos do momento. Semellaba que Galicia podía estar ó día do acontecer científico cultural europeo pero que as súas estructuras económicas non tiñan capacidade para incorporar eses adiantos nos seus procesos productivos. Só a experiencia de Sargadelos, a finais deste período, se presentaba como un exemplo singular de incorporación dos mellores adiantos técnicos ó desenvolvemento industrial, aínda que estas achegas nada tivesen que ver cos alentos reformadores das sociedades de fomento de Santiago, Lugo ou A Coruña. A reforma da Universidade de 1772 foi o feito administrativo do que parte a chegada da ciencia moderna a esta institución (DíazFierros, F., 1971)22 e que se pode pór de manifesto cos diferentes intentos de Francisco Neyra para que a física newtoniana desprace a aristotélica que era a que tradicionalmente se ensinaba. O preito tivo diferentes alternativas e só se pode considerar parcialmente resolto cando a Universidade toma a resolución de mercalo gabinete de aparellos físcos en 1816. A creación do Colexio de Cirurxía en 1799, coa valoración do ensino práctico que isto comportaba, e as primeiras leccións da Química moderna impartidas por Eusebio Bueno na Facultade Reunida (Fraga, X. A. 1997)23 son outros tantos feitos salientables. En Ferrol a Academia de Guardiamarinas créase en 1776 e nela desenvólvese un ensino da ciencia e da técnica dunha certa calidade que non quedou totalmente pechado nos muros do Arsenal pois algúns profesores sinalados dela, como foi o caso de Vimercatti ou de Alonso López, tiveron actuacións destacables noutros puntos do país. En Galicia a ciencia e a técnica da Ilustración tiveron dúas características salientables, por unha banda a limitada difusión xeográfica dos centros onde esta tivo algunha realidade, xa que só Santiago, A Coruña e Ferrol foron as cidades que acolleron as institucións das que dependeu o seu ensino e propagación (O caso da Sociedade Económica de Lugo tivo moi pouca importancia). E por outra, o serodio das realizacións máis importantes, de tal xeito que foi baixo o goberno de Godoy no que a ciencia e a técniNº 363 50