BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
A finales del setecentos algunas tertulias en Valencia, Sevilla o Madrid comienzan a hacerse eco de ciertas preocupaciones de la filososfia europea, con mayor voluntad que apoyos eficaces, nuestra actividad científica se despereza tras largos años de marginalidad, indiferencia y aislamiento.19
A publicación da ?Carta Philosófica Médico Chyrurgica? de Juan de Cabriada en 1689 e a creación de novas sociedades con obxectivos orientados cara á nova ciencia como a Real Sociedad Médica de Sevilla (1700) o El Real Seminario de Nobles de Madrid (1726) son os feitos máis salientables que amosan o lento espertar dunha sociedade que nos séculos anteriores asistira a unha certa refeudalización dos seus costumes. Por outra banda, o papel dinamizador que ía tela nova dinastía dos Borbóns nos eidos da ciencia e da técnica principiaba a amosalas primeiras realizacións coa fundación da Academia de Ingenieros Militares, en Barcelona (1715) e, sobre todo, a de Guardiamarinas, en Cádiz (1717). Esta primeira etapa do renacemento da ciencia e da técnica españolas, deu paso, segundo Lafuente, A. e Peset, J. L. (1988), á chamada ?xeración crítica? ou segunda etapa, onde destacados persoeiros chegaron a exercer unha extraordinaria influencia sobre os círculos sociais de políticos e notables. As súas orixes sitúanse para a maioría dos autores en 1726, ano da publicación do primeiro volume do Teatro Crítico Universal de Feixoo. Xunto a el, outros persoeiros como Jorge Juan ou Jose Ortega actuaron como elementos aglutinadores da vaga renovadora que se estaba a xerar en España e mesmo actuaron como conselleiros áulicos da monarquía. Foi unha época na que se produciu xa un duro enfrontamento coas institucións que atesouraban os legados máis tradicionais, como era o caso da Igrexa ou, sobre todo, a Universidade, que se resistiu a calquera intento de reforma dos seus plans de estudio e, por suposto, a que novidades como a física newtoniana ou o ensino práctico da medicina ? vía cirurxiáns ? se asentara nas aulas. A pesar diso, gracias ó apoio da monarquía e de políticas culturais como a do Marques de Ensenada, as novas institucións fóronse consolidando e, sobre todo, poñéndose en marcha outras novas que van supoñelos centros fundamentais a partir dos cales se difundan nos anos vindeiros as novidades científicas e técnicas europeas. Esta terceira etapa, seguindo a cronoloxía de Lafuente e Peset, comezaría en 1748 coa fundación do Colexio de Cirurxía, de Cádiz ó que lle seguiría o Observatorio da Mariña en San Fernando (1753) o Xardín Botánico, en Madrid (1753) e o Colexio de Artillería de Segovia (1763), centros sobre os que gravitaría a renovación dos saberes médicos, matemáticos, xeodésicos, astronómicos, botánicos e químicos. E unha etapa coñecida tamén como ?renovadora? porque se asiste, ó tempo que se crean novos centros, os primeiros intentos de renovación dos máis tradicionais, como as universidades. Caracterízase tamén por unha sinalada militarización das actividades científicas e unha clara orientación das ciencias cara ós seus resultados máis aplicados, e así, disciplinas
Nº 363 48