BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
Lorenzo tampouco son tan numerosos nin tan relevantes como adoitan ser noutros escritores da época. Iso explica algunhas diferenzas co Nomenclátor actual. X. Lorenzo di Cenderiz, que hoxe figura como Senderiz; e di Zabariz, hoxe Sabariz; e Valdemir (Lobeira, cs 4389; CPLB 295), hoxe Baldemir; e A Molar da c. 1909 (Paxaro que vas voando /por riba do Rebolar, /dille ás mociñas que veñan /pousarse eiquí, á Molar), hoxe Moar. Con dous topónimos é algo belixerante: Vencias e A Terrachán. De Vencias, hoxe Venceáns /Venceás escribe que ?Anque oficialmente figura esta parroquia co nome de Venceás, o certo é que os indíxenas chámanlle Vencias? (CPLB 227, 285). A cantiga é: En Ruegas canta o cuco, / en Vilar a cabra vella, / en Véncias cantan os anxos, / que é a flor da nosa terra. E no índice toponímico (CPLB 195) reitera: ?Anque o nome real é o que queda rexistrado [Véncias], o Nomenclátor oficial mudoullo en Venseás? (sic). O outro topónimo é A Terrachán (coma tal CPLB 295), forma que el usa sempre, porque rima con pan na c. 1844 (Outeiro, tú estás no alto, / non te ve a Terrachán; / tú es máis frío ca ela, / pero dás ben millor pan) e afirma que dende 1893 é parroquia: no Nomenclátor, en cambio, figura como A Terrachá e como lugar da parroquia de Entrimo. Caso distinto é cando atribúe un lugar a un concello limítrofe (Paradela a Xinzo, sendo de Porqueira; O Valoiro a Lobeira, sendo de Lobios). Algúns dos lugares que aparecen nestas cantigas, hoxe parecen desaparecidos, coma A Feira Nova (Entrimo; c. 1773; CPLB 289); A Ponte Pedriña (ponte romana preto de Santa Comba de Bande... ?hoxe está lastimosamente asolagada por un embalse hidroeléctrico? CPLB 292); Gustós (?lugarciño perto de Calvos de Randín?; c. 454 CPLB 290). Silvares da c. 20628 non existe hoxe en Bande; A Veiga de Gorgodelo, do que el di que era un conxunto de herdades onda Calvos de Randín e engade ?hoxe xa perderon ese nome? (CPLB 262, 649). E hai dous lugares sen identificar: un é Olivada da c. 1873, pero tendo en conta que os outros dous que figuran na mesma cantiga (Padroso e Cebreiro) son de Calvos de Randín, é posible que sexa mesmo do outro lado da raia; o outro é Ruega da c.849. En cambio, hai un lugar que ten varios nomes: Riba de Mouro (c. 1377), que en CPLB 294 é Ribas de Mouro, e que é o outro nome de Ribas de Araúxo (Lobios). Xocas lembra (CPLB 210, 109) que a Limia Baixa é montaña e que, polo tanto, o viño das vodas haino que ir buscar á ribeira, tal como aparece na c. 283 (Áquile29 que anda no baille, / áquile que entrou agora, / vaille a besta na ribeira / buscalo viño prá boda). E, coma en tódolos cantigueiros, o terreo central aparece sempre ben tratado en relación ós limítrofes30, non faltan as rivalidades internas31. 6.2 ANTROPONIMIA O número de antropónimos que figuran nas cantigas populares é sempre elevado e en certos casos son tamén un testemuño de autenticidade limiá. Quero ofrecelo aquí tamén con indicación do número da correspondente cantiga. Adelaida (20, 21); AlberNº 365 100