Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
quero, / nena da cara redonda, / si tu queres e eu quero / un banco ben nos abonda; víñalle moi ben pero non a dá como cantiga limiá. Do mesmo xeito, cando comenta a c. 1861 (Para un irmau que teño, /para un irmau solteiro, / para un irmau que teño, / váiseme de mariñeiro) di que noutras terras interiores de Galicia esta c. corre nesta versión e o da c. 1861 (Para un irmau que teño, /solteiriño e por casar, / para un irmau que teño, / lévanmo de militar) pero, como ?na nosa comarca non temos ouvido [esta versión]? ?di el?, tampouco a inclúe. De maneira semellante procede coas datas: antes de 1932 recolle a c., 2242, (Subino por unha liña, /baixe[i]no por un cordón, / énchoche a boca de grilos, / tápocha de curazós) na que o último verso é un mal eufemismo, porque posteriormente recolle estoutra variante Eu subín por unha liña, / e baixei por un cordón, / tápoche a boca con merda, /e[n]chocha de cagallós 17. Pero, como lle chega despois de 1932, non a introduce no corpo do cantigueiro. Este proceder é síntoma da autenticidade da súa colección.
6. XEOGRAFÍA E ONOMÁSTICA DO CANTIGUEIRO 6.1 TOPONIMIA Os topónimos e antropónimos que aparecen nas cantigas certifican tamén a autenticidade deste Cantigueiro da Limia Baixa. Vexamos. O río Limia nace en Sarreaus e percorre os concellos de Xinzo de Limia, Rairiz de Veiga, Porqueira, Bande, Muíños, Lobeira, Entrimo e Lobios e despois entra en Portugal para encontralo Atlántico en Viana do Castelo. A comarca natural da Limia colle o seu nome deste río. Tradicionalmente divídese en Limia alta (a da cabeceira do río) e Limia Baixa (o curso medio deste río). A actual organización en comarcas considera Limia Baixa os concellos de Bande, Muíños, Lobeira, Entrimo e Lobios e englobou na Limia Alta os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia. Para Xaquín Lorenzo a Limia Baixa empeza na Ponte Liñares18 polo norte e nos montes de Baltar polo nacente, mentres que polo sur e o poñente estrema con Portugal pero engádelle o val do Salas, afluente do Limia (CPLB:7), Aínda que no propio CPLB o autor ofrece un índice toponímico19, non indica en qué cantigas aparecen tales topónimos. Quero compensalo ofrecéndolle aquí ó lector interesado eses topónimos coa referencia das correspondentes cantigas. Aceredo (Lobios) (2069, 2070); Amarante (2093); Anamán (976); Andalucía (1464); Antas, costa das (1732); Arcade (246)20; Asturias (461); Badiña (1370); Baldemir (v. Valdemir); Bande (194, 2477, 2492, 2493, 2494); Baño (1636); Baños (Bande) (24); Barca [Ponte da, Portugal] (2286); Belén (473, 2098); Benavente (716); Bixa (1129); Bos Aires (2263); Bouzás (Entrimo) (23); Braga (125, 1047, 1051); Brasil (434, 2182, 2352); Cabaleiros (Lobei97 Nº 365