BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
vas contente, Manxor, que moito cantas'. E o noso fistor, sen deixar de cantar, contestoulle?? (CPLB:200,25) Á entrada de Forcadas / por ti parei preguntando: / dixeron que estabas bo / por eso veño cantando. (CPLB:31, c.52). Do mesmo xeito testemuña que en 1932 aínda pervivía a sona doutros fistores: o Palmela, de Lobios (18021878) (CPLB:214, 153; 225, 258; 249, 515) e mailo Cipigueira, tamén do século XIX (CPLB 226, 283). Conta tamén no prólogo que no nadal de 1933 deulle pousada na súa casa de Lobeira ó filólogo alemán Hans Schneider e que os veciños que viñeron cantalos reises remataron, como adoitaban, improvisando unha cantiga de gabanza: Nos días da miña vida / xa vin un cacho de pan; / que por moitos anos viva / o señorito alemán. E Xaquín Lorenzo di que ?antre o regocixo dos cantores e a súa ademiración, o Doctor Schneider improvisóu Nos día da miña vida / xa pasei por unha feira; / que por moitos anos viva / a xentiña de Lobeira? (CPLB:9). Noutras notas conta como unha muller de San Xes de Lobeira, cando o cura lle preguntou na catequese o misterio da Encarnación, improvisou a c. 786 (Diste meu peito saiu / unha palabra suave: / Misterio da Encarnación / solo o Padre Eterno o sabe) (CPLB 226, 266; ou como outra muller improvisa: c. 21612 (?Cantiga improvisada de diante de nós ao anunciarmos unha viaxe a iste porto?) (CPLB 208, 89) ou c. 80913 (?? esta cantiga foi improvisada dediante de nós coma remate de uns reises? (CPLB 227, 274) ou o retoque improvisado da c. 102 (CPLB 203, 47). Nalgúns casos a improvisación empeora un modelo que está na cabeza14. Con algunha frecuencia entra na técnica de creación de cantigas, a partir dun patrón15. Tal é, entre outros exemplos que dá, o primeiro verso da c. 1578 (Nos días da miña vida / eu tamén gasto refaixo / i ainda volvo decer / que viva o barrio de baixo) de uso frecuente nos desafíos (CPLB 249, 514). Pero non mo parece nalgún caso de cantiga erótica coma a 1620, a pesar de que el diga que os dous primeiros versos non parecen corresponder ós dous vv. seguintes (O caravel foi ó río / foi pechado e veu aberto; / agora xa vou sabendo / que o teu cariño noé certo) (CPLB 251, 530)16.
5. RIGOR NA RECOLLEITA Hai algo que fala de seu: X. Lorenzo puido, e non quixo, agrandalo seu cantigueiro. Con moita frecuencia cita cantigas galegas paralelas que el coñece e que, non só agrandarían o volume do cantigueiro, senón que mesmo farían máis acaído o seu comentario; pero non as inclúe coma se fosen recollidas na Limia senón que as deixa para as notas. Vexamos uns casos. Comentando a c. 730 (Déixame un sitio, meniña, / déixame un sitio á túa beira, / que por moito que te mates / coma min nohai quen te queira) X. Lorenzo fala da picardía das mozas de levaren ós fiadeiros tallos onde se puidesen sentar dous, para que os mozos se sentasen ben par delas (CPLB 223, 237) e cita o paralelo Si tu queres e eu
Nº 365 96