BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
propia lírica galega utiliza outras (mairomente cantar). A palabra na lírica profana só aparece nas rúbricas nunca nos versos pero ¿como hai que lelo cantiga ou cántiga? Montero Santalla, reparando en que cantiga nunca aparece en rima con amiga, cousa que parecería esperable, di que, se tal acontece, é porque a forma era cántiga ou, polo menos, que xa coexistía a forma cántiga (MONTERO 2000:14801481). Pola miña parte, da notación musical das cantigas de Santa María 106, 316, 347 e 400, únicas nas que a palabra aparece en texto con música, coido máis verosímil a lectura cantiga que a lectura cántiga, porque a sílaba ?ti aparece nunha nota máis aguda cá sílaba can (cs. 106 e 400); e, se está na mesma nota (c. 347), a sílaba ti é máis longa; con todo iso, non me parece nada definitivo, porque noutras estrofas ás que se aplica a mesma melodía vexo que esa nota máis aguda corresponde a un artigo ou a un pronome átono (c. 400). A autoridade de Carolina Michaelis de Vasconcellos e a de Corominas ponse do lado da forma cantiga e este supón que a forma cántiga é un cruce cultista coas palabra cántico, cántica e constata que é máis simple explicar cántiga como evolución cultista de cantiga ¿El será cantiga de orixe céltica e non latina? Na Galicia actual coexisten as dúas formas e, mentres o ILG non publique o mapa desta palabra, supoño que cántiga debe limitarse a certas partes da Galicia septentrional. No cantigueiro popular actual coexisten as dúas con claro predominio de cantiga pero a simple transcrición gráfica non é suficiente, porque a acentuación depende tamén da melodía. Dende logo, cando entra en rima, cantiga rima con durmía, diga, romería e Lucía e o pl. cantigas rima con formigas (Axudaime aquí a cantar, / a botar unha cantiga, / a primeira ha ser a nosa, / a segunda do que a diga. (MORGADE 1996:83). Como unha cantiga / perdida no monte / o Neno durmía / no colo da noite / Como unha cantiga/ na máis outa aldea / leda romería. (MORGADE 1996:57). Maruxiña, Maruxiña, /anda, bota unha cantiga, /que che hei de dar moitos cartos /pra ires á Santa Lucía. (CPLB:1229). Malo raio parta o rato/ e veña polas formigas/ que me rillaron o libro/ onde aprendín as cantigas. (MORGADE 1996:83). Se atendémola cantiga tan sonada, xa no s. XVIII, Non hai cantiga no mundo /que non teña seu refrán; /nunca ninguén faga conta /senón do que ten na man, poderemos discutir se o primeiro verso é un trímetro dactílico, igual có terceiro, pero o ritmo parece pedir que cantiga sexa paroxítono, como Lorenzo di, aínda que habería que coñecela
música para dicilo de maneira definitiva. Por outra banda, non encontro nunca o esdrúxulo cántiga en rima, nin sequera interna. Os casos de cántiga dos que dispoño son variantes metricamente discutibles e son estes A cántiga que dixeches /inda lle faltan palabras, /teño unha craba na corte /vaille trincar as cagallas. (VENTIN 1935:461). Aunque me oias cantar /una semana y dos meses /no me oirás cantar /una cántiga dos veces. (SCHUBARTHSANTAMARINA 1993: 6/2/118c). Botáchesme unha cántiga, / eu contesteiche ó momento; / se a túa levaba sal, / a miña, sal e pimiento. (ESTRALOXOS 2003:79). Ou teñen aire de seres elaboracións cultas (Cando están as carpazas / botando a súa flor, / no corazón das rapazas / nacen cántigas de amor. Cando están as carpazas / co lilailo da súa flor, / no corazón das rapazas /nacen cántigas de amor. (ESTRALOXOS 2003:23). Si te alcontras triste, canta, / que son as cántigas, queixas, / que se suspiran, sin bágoas. (LAMAS 1918: 6768,9). É curioso o feito de que Victoriano Taibo publique unhas ?Cantigas populares? n'A Nosa Terra en 1905 incluíndo nelas esta N'hai cantigas coma as nosas / nin fala coma a galega / non hai terra coma a miña / nin baila coma a muiñeira. (TAIBO 1916:5,5); pero vinte anos despois e na mesma revista publica uns versos titulados ?Da vella roseira? nos que inclúe dúas cs das de 1905 pero agora nesta versión N'hai cántigas como as nosas/ nen fala como a galega/ non hai terra como a miña / nin baile como a muiñeira. (TAIBO 1925:211,9) na que fixo sete intervencións e, entre elas, a cantiga pasou a ser cántiga. Curiosamente onde mellor lle acae o ritmo é nunha cantiga castelá (... I aunque 'stuviera cantando / un año con trece meses / nunca m'oirás cantar chavaliña nova / una cántiga dos veces. (SCHUBARTHSANTAMARINA 1993:6/2/118d). No castelán o Corpus diacrónico del español (CORDE) da Real Academia Española documenta cántiga 18 veces (e cántigo quiere dezir tanto como cántiga o cantar de alabança ?Afonso X, General Estoria, 1275?; hai outro caso no XVIII e 14 no XIX ?maiormente Zorrilla, Bécquer e a Pardo Bazán?); hoxe é acentuación facultativa á par de cantiga. 44 X. Lorenzo considera importada esta cantiga. A hipercorrección Piepito parece darlle carácter irónico. 45 Neste caso a c. 1869 fainos ver que o 4º verso esperado era non poño o caldo a quecer. 46 E, aínda que a Xocas, non, a min tamén me parece veladamente erótica a c. 1620 (O caravel foi ó río / foi pechado e veu aberto; / agora xa vou sabendo / que o teu cariño noé certo).
Nº 365
122