Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
canto son literatura popular. É unha opción que aínda tería e ten continuadores8, aínda que, endebén, hoxe hai xa máis sensibilidade verbo da urxencia de recoller letra e música9.
3. CRONOLOXÍA DO CANTIGUEIRO Aínda que o CPLB se publica en 1973, o tempo de recollida do material remata en 1932. X. Lorenzo reitera esta data en diversas páxinas (9;271, 750) porque entende que esa limitación conférelle á súa recadádiva un valor especial: todo é anterior ?a que os aparellos de radio e televisión estabreceran un contacto artificial antre terras distintas, que doutro xeito permanecerían alleas unhas ás outras? Hoxe non pasa esí; as emisións radiofónicas espallan aos catro ventos as súas programacións e de iste xeito vánlle dando unha universalidade ás súas emisións que, como atrás decimos, non responden a un feito natural?. Non sabería dicir se os 41 anos de distancia entre o momento de pechalo corpus e de publicalo se deben á necesidade de estudar e anotar ese rico material ou a que a estratexia editorial da produción en lingua galega esixía que este material etnográfico esperara a que lle chegase o seu momento. Penso máis ben nesta segunda razón, porque, cando en 1949 Filgueira Valverde e Sánchez Cantón, entre outros, crean a Editorial Bibliófilos Gallegos10, no seu terceiro ano programan un monumental refraneiro e conségueno en 1954 coa obra monumental de Vicente Llópiz Méndez; pero naqueles anos a venda de semellante obra de cultura popular é problemática, tanto que cincuenta anos despois aínda está inédita. Cando en 1950 Del Riego, Piñeiro, Otero, GarcíaSabell e demais amigos crean Galaxia teñen unha visión distinta das prioridades editoriais da lingua galega; pero en 1972 o catálogo de Galaxia xa cubriu certas necesidades básicas: xa está consolidada a revista Grial, xa hai un dicionario enciclopédico, xa hai unha respectable obra de creación en prosa e verso e no mercado empezan a aparecer libros científicos en galego. Quizais non se quería empezar por dar unha imaxe de lingua rural.
4. CANTIGUEIRO VIVO Repetidas veces alude X. Lorenzo á autenticidade do CPLB. Recoñece que tal cantiga tamén se recolleu noutro lugar de Galicia (mesmo que na Limia tamén se cantan as mesmas cantigas doutros lugares11) pero positivamente exclúe as que lle consta que a xente aprendeu oíndoas na Radio, aínda que for de Coros galegos. Estas considéraas ?ilexítimas, tanto na letra como na música? (CPLB:910). Xaquín Lorenzo sorprende o nacemento dalgunhas cantigas. Así, daquel fistor do XIX coñecido como Manxor, que era das Quintas (Lobeira) ?cóntase que ía unha noite de camiño, cantando, como tiña de costume. Un veciño atopouse coíl e díxolle: 'Seica
95 Nº 365