Estudos e investigacións sobre Manuel Lugrís Freire
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
muíño, da súa autoría, e mais Mareiras, de Manuel Lugrís, e que, en decembro dese mesmo ano, estreaba unha outra obra de Lugrís, o drama Esclavitú. Este foi un bo ano para o teatro galego, porque tamén chegou a Galiza, acompañando os restos mortais de Curros Enríquez, Nan de Allariz, quen aproveitou a súa estadía nesta parte do Atlántico para percorrer o país organizando festivais en que incluía sempre algunha das súas pezas dramáticas. Todas as cidades e vilas importantes presenciaron, entre 1908 e 1909, algunha das súas actuación e isto tivo un efecto multiplicador e volveron a xurdir os grupos de amadores que se atrevían a romper cos preconceptos sociais levando a escena algunha peza na nosa lingua. Esta mesma reacción produciuse tamén na emigración cubana, onde o grupo ?Rosalía Castro? (que realizara a súa presentación o ano anterior con teatro español) se reconverteu en 1909 en cadro de declamación galego e levou a escena Minia e A Ponte, de Manuel Lugrís, e mais ¡Filla...!, de Galo Salinas. Nesta transformación do grupo quizais influíse que ingresara nel, a comezos daquel ano, Antón Vilar Ponte. Como froito desa maior actividade debemos considerar o intento de reconstrución da vella escola rexional de declamación que, na cidade da Coruña, protagonizou o cadro de declamación ?Thalía?, en 1910, levando á escena a obra Esclavitú, de Manuel Lugrís. Devagariño, foron aumentando as representacións galegas e, en agosto de 1913, Eduardo Sánchez Miño conseguía presentar de novo a súa Escola Dramática Galega en Ferrol, e facíao estreando dúas pezas de autores locais moi coñecidos, Agustín de Burgos e mais Matías Usero, co cal se garantiu a asistencia ao teatro da boa sociedade ferrolá e unha acollida razoábel para os abonos da temporada 19131914, para a cal presentou un repertorio que incluía todas as obras que Manuel Lugrís tiña publicadas na altura: A Ponte, Minia, Mareiras e mais Esclavitú. Eduardo Blanco Amor, coa agudeza que o caracterizaba, explicaba a proliferación de cadros de amadores, que acabarían aceptando o teatro galego, por toda a xeografía, da seguinte forma:
Por estos años, 1911, se funda la ?Escuela Nueva?, con estos propósitos. Incluso se funda y echa a andar una ?Liga de Educación Política? a cargo de los intelectuales más resaltantes (sic) y de los políticos decentes, que algunos había [...] En la programación de este futuro de urgencia, el teatro va a desempeñar un papel importante cuyo impulso llega hasta 1956. [...] Como siempre en su periferia simplista, esta pasión tan noble roza la ineficacia deformadora en manos de los ?bien intencionados? que, como siempre, cogen el rábano por las hojas. Proliferan los teatros de aficcionados (contrafigura, de supervivencia decimonónica, de lo que habrían de ser los teatros independientes) con repertorios mansurrones y conformistas en las asociaciones religiosas, o del pueril sociomelodramatismo con que se desgañitaban galanes y ?característicos? de ?ideas avanzadas?, queriendo demostrar que los pobres siempre tienen razón y los ricos nunca, del mismo modo que los teatros de sacristía afirmaban que es tan difícil a un pobre de ideas avanzadas entrar por las puertas del cielo como a un camello multimillonario pasar por el ojo de una aguja. (BlancoAmor 1974:163164)
113 Nº 367