BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudo
como zona de procedencia cara ao cuadrante galego noroccidental en que está enclavada a cidade de Santiago de Compostela (merecéu e escribéu, poñer, puderon e poidesen, dou, fúi), sede do Diario de Santiago situada a poucos quilómetros do Pico Sagro. Ao noso entender, a análise lingüística que realizamos non nos revelou elementos que permitan determinar con rotundidade se a obriña foi escrita orixinalmente en 1801 ou na década de 1870. Parecen apuntar cara aos principios do século a moderación no uso do apóstrofo, quizais o emprego de letreyro no canto de letreiro (que tamén puido deberse simplemente a que se fixo unha copia literal da fonte manexada), a representación da consoante nasal velar en posición interior por medio do signo gráfico e non do dígrafo (común no Rexurdimento), ou a utilización dos dígrafos , e en voces de orixe grega e no topónimo oriental Iapha. Máis próximas das prácticas dalgúns autores da segunda metade do XIX semellan en troques as intervencións puristas no terreo do léxico (Bispo, capela, cibdade, Deus, dúbida). No entanto, ningún destes argumentos resulta determinante. A este respecto, temos a impresión de que non resulta aventurado supoñer que a peza orixinal se puido escribir efectivamente en 1801, e tamén que debeu de recibir algún retoque antes de pasar polo prelo entre 1876 e 1878. A intervención destinada a identificar os que serían os últimos tres anos santos do século XIX parécenos pouco menos que incuestionable, mais, como indicamos no noso estudo, non descartamos que se fixese tamén algunha outra interpolación.
BIBLIOGRAFÍA
ALGa 1: Instituto da Lingua Galega (1990): Atlas lingüístico galego. Vol. 1: Morfoloxía verbal. 2 vols. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa. ALGa 2: Instituto da Lingua Galega (1995): Atlas lingüístico galego. Vol. 2: Morfoloxía non verbal. 2 vols. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa. Álvarez, Rosario (1983): ?O artigo en galego. Morfoloxía?, Verba 10, 169182. Álvarez, Rosario / X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia. Armesto, Victoria (1994): Galicia Feudal. 3ª ed. A Coruña: La Voz de Galicia. CORDE: REAL ACADEMIA ESPAÑOLA: Banco de datos (CORDE) [en línea]. Corpus diacrónico del español. [setembrodecembro, 2006]. DCECH: Joan Corominas & J. A. Pascual (1987/1989/1991): Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico. 6 vols. Madrid: Gredos [vol. 1: 1987; vols. 2, 3, 4: 1989; vols. 5, 6: 1991]. Durán, José A. (ed.) (2001): Alfredo Vicenti, ?El Maestro? del Periodismo Español (Santiago, 1850 / Madrid, 1916). Madrid / Rianxo: Asociación de la Prensa de Madrid / Taller de ediciones J. A. Durán (Ed.). Fernández Rei, Francisco (1990): Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais. Freixeiro Mato, Xosé R. (2000): Gramática da lingua galega. II. Morfosintaxe. Vigo: A Nosa Terra. Freixeiro Mato, Xosé R. / X. M. Sánchez Rei / G. Sanmartín Rei (2005): A lingua literaria galega no século XIX. Universidade da Coruña. González Seoane, Ernesto X. (1991): ?O debate sobre o galego na prensa do XIX. Algúns datos para unha historia do antigaleguismo?, Grial 110, 275287. González Seoane, Ernesto X. (1992): A ortografía e a gramática do galego nos estudios gramaticais do século XIX e primeiros anos do XX. Tese de doutoramento. Microficha. Universidade de Santiago de Compostela.
Nº 367
282
|