Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
nacionalista virado prá esquerda e amigo do pobo, a capacidade de interpretación, analítica ou instintiva, das súas necesidades, e ó mesmo tempo unha cousa que é ben difícil atopar unida con estas devanditas calidades: a habilidade comercial. Xa antes me referín á precaria distribución en librerías do libro galego nos anos cincuenta e sesenta. Na segunda etapa de Castrelos, na d'O Moucho e Pombal, Xosé María renunciou totalmente á venda por subscrición que viñera practicando coma os máis, e creou unha rede de puntos de venta nunca vista nin concibida, que superou os 220 e triplicou en número os de calquera outra editorial. Practicamente non había unha soa vila en Galicia onde os libros galegos ?os libros de Castrelos? non estivesen presentes. Naturalmente, non todos os puntos de venda eran librarías, nin sequera quioscos: ó mellor eran comercios xerais deses que había daquela polas vilas, ou estancos, ou calquera outro establecemento que estivese disposto, por negocio ou por galeguismo ?que de todo había? a vender libros galegos. A distribución era, con pouquísimas excepcións, en depósito: de cada novo título enviábanse ordinariamente seis ou dez exemplares; se o libreiro ?ou o que fora? pedía reposición, dábanse como vendidos, facturábase e xirábase unha letra de cambio. Se non, cada ano pedíase que cubrisen unha folla de existencias, e facturábase pola diferenza. Isto daba, desde logo, moito traballo, porque ás veces había que insistir, ou mesmo ir pola libraría e facer pacientemente o reconto. Pero non había outro remedio, se se quería vivir do negocio. E non é só que se quixera, é que había que. A administración, por outra parte, era dun rigor absoluto, e o control dos gasto, e dos cobros, extremadamente severo. Nos primeiros anos da editorial tamén tivo a súa importancia a venda ambulante en feiras e vilas cunha furgoneta que levaba o rótulo de Amigos das Letras Galegas. Esta aventura iniciouse, paréceme, nunha feira de mostras en Vilagarcía de Arousa, impulsada entre outros por Gonzalo BouzaBrei, que daquela era un rapaz, o fillo de Lucho BouzaBrei, que foi un dos máis queridos amigos de Xosé María. Eu estiven ó final naquela louca andaina, antes de que estoupase de mala maneira por culpa dun cabrón de Pontevedra e se liquidase totalmente o invento nos primeiros meses do 72. Pero isto sería mellor que o contase o Gonzalo Bouza, e ogallá o queira facer. Eu teño que ir acabando. Mais non quero facelo sen repetir aquí, solemnemente, unha idea que me parece moi importante: non se pode estudar ben a historia dunha literatura, a historia dunha cultura escrita, e especialmente a historia dun rexurdimento coma o noso, que é produto dunha rebelión case imposible contra os ventos negros da Historia, sen prestar moita atención á base material dese rexurdimento, desa literatura. Se non se edita, non se escribe. A historia da edición en Galicia conta con importantes subsidios eruditos, por exemplo os de Ernesto Vázquez Souza sobre as empresas de Ánxel Casal, pero aínda está de facer un relato global e dialéctico de toda a aventura. Con todo e con iso, creo que algo se sabe xa ben, e é o seguinte: no século longo que vai dende o Primeiro Rexurdimento ata a morte de Franco houbo catro grandes edito111 Nº 369