BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
6. GLOSARIO
A
art. det.: vid. O (art.). contr.: vid. Ó (contr.). A prep.: que cengen a Mandeu con suas ribeiras 18; ¿a quen pode uir, mirado a geito, con máys justo dereito a galega cançión que a uós, Dïego 2729; postas a Phelipe por dïante 55; para ajudar a apaciguar o estado 59; que a valor tan enteiro (...) é pouco gobernar a Frandes 103104. Vid. a GEITO, a PESAR de. ACHAR v. tr.: porque achou a metade en el galega 25; bondad' acharás nel tan enteira que 97. AGRADECER v. tr.: como fillo agradecido, honrrade a patria 105. AJUDAR v. 'axudar', na construción ajudar a + inf.: para ajudar a apaciguar o estado 59. ALBOROTAR v. tr.: apaciguar o estado, do Reino de Aragón alborotado 60. ALBRIZAS s.f. 'albízaras, boa nova': en pago de tal noua e tas albrizas 9. ALÇAR v. tr. 'alzar': alça musa galega o rostro ó ceo 2; por este cabaleiro ó ceo alçadas 90. ALCIDES antrop.: a torre que algús din que feço Alcides 96. ALGÚN cuant.: sen ter rezeo algún de guerra ou medo 88; a torre que algús din que feço Alcides 96. Vid. NALGÚN. ALTO adx.: as altas profecías 23; Das muy altas proezas 41; as túas altas torres derrubadas 89; para os altos misterios da milicia 68. ANCHO adx.: en os anchos Reinos de Castilla 35. ANDAR v. intr.: andando vós do general ó lado 65. ANO s.m.: por millós de anos 79. ANTIGO, ANTIGUA adx. 'antigo': Da uosa antigua liña 31; dos infançós antigos Parragueses 42. APACIGUAR v. tr. 'pacificar': para ajudar a apaciguar o estado 59. APAGAR v. tr.: foi logo o furor deles apagado 66. ARAGÓN top.: do Reino de Aragón alborotado 60. ÁRBORE s.: resonen froitas, árbores e viñas o sangre escrarecido 19. ARMAS s.f. 'brasón': tantos escudos, armas e paueses 44. ARTE s. 'modo': tan mal tratada e de tal arte 34 // 'talento, habilidade': que por voso valor, auiso e arte 62. ASÍ adv.: e así con gran justiçia para os altos misterios (...) vos escolleu 67; Así vos logrés ben coa vosa esposa 109. AUER v. 'haber': Cantou noá moitos días 21; de tal pranta aués saydo 47; a patria donde aués naçido 106. AUISO s.m. 'prudencia, sagacidade': que por voso valor, auiso e arte 62. AUNQUE conx. 'aínda que': aunque tiren por vós cousas máis grandes, (...) honrrade a patria 102. AUSENÇIA s.f., na construción facer AUSENCIA 'estar ausente': que a guerra faga dela sempre ausençia 108.
A Á
B
BALUARTE s.m.: Farate gornecida de balüartes fortes e seguros 92. BARGAS antrop. 'Vargas': por fïel conselleiro do de Bargas 69. BEN adv. 'moi': Ora verás ben cedo 87 // 'convenientemente': Así vos logrés ben coa vosa esposa 109. BEN QUE conx. 'aínda que': E ben que na ciudade (...) noescuiten de vontade estes groseiros versos 11. BONDAD(E) s.f.: En fin, esa bondade que corre sempre ó igual coa bosa casta 71; e bondad' acharás nel tan enteira 97. BOSO pos.: vid. VOSO. BREUE adx.: que por eles en breue tempo olbides a torre 95. BUREL s.m. 'burel, pano ordinario de lá': deyja ese burel cuitado e feo 4.
C
s.m.: verás as túas altas torres derrubadas por este cabaleiro ó ceo alçadas 90; entre os máis istimados cabaleiros 39; Honrrado cabaleiro 101. CABALERÍA s.f.: En vós está en tal punto a honrra posta da cabalería 52.
CABALEIRO
Nº 364
292