Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
trador da Real Facenda. Nunha delas, Pedro Lorenzo reclama a intercesión do conde para que o mencionado Arias Becerra o manteña no oficio de administrador do alfolí da vila de Bouzas (de Pedro Lorenzo a Diego Sarmiento de Acuña, Bouzas, 7II1608 [RB II/2126, 146]). Do mesmo teor é a carta que Gregorio de Contreras de Oia remite ó conde desde Piñeiro o 8 de novembro de 1608, pedíndolle que ordene a Luís Arias Becerra que lle faga mercé dun alfolí en Vigo [RB II/2148, 62]. O seu nome consta tamén como administrador do sal nas «Quejas promovidas por los Mareantes, Concejos y Vecinos de Pontevedra, Bayona, Vigo y Coruña contra los Administradores de la Sal, en Galicia, Juan Pascual y Luis Arias Becerra, por no tener abastecidos los Alfolíes de sal blanca y buena...» (Fortes Bouzán 1989: 289). A morte deste administrador da Facenda está documentada na carta que Pedro de Manpaso e Castro envía ó conde de Gondomar o 5 de xaneiro de 1614, solicitándolle intercesión perante o consello de Facenda para o seu nomeamento como administrador, vacante trala morte de Luís Arias Becerra [RB II/2175, 124]. d) Aínda que sexan menos determinantes cós anteriores para a filiación gondomarense do conxunto de poemas entre os que se atopa o Diálogo, tamén contribúen á súa confirmación os atribuídos a Diego de Mendoza e Fernando de Acuña, xa que, malia seren poetas frecuentes nos cartapacios poéticos dos Séculos de Ouro, teñen notabilísima presencia na importante colección que deste xénero librario posuía Gondomar. De Diego de Mendoza é o que comeza «Oy dexa todo el bien un desdichado»; del, con algunhas variantes, consérvase outro testemuño no cancionero RB II/1587, fols. 7v8r. Do atrribuído a Fernando de Acuña, ?En qué podré esperar contentamiento?, hai unha copia sen atribuición do tamén cartapacio gondomeranse RBII/570. e) Finalmente, un cartapacio de Gondomar permite identificar ó duque aludido no epígrafe «Soneto al duque» doutro dos poemas da carpetiña, pois este mesmo poema, que se inicia co verso «Esta tan larga vida y enojosa», está recollido no cartapacio RB II/1578 (1), fol. 114r, co máis explícito encabezamento de «Soneto del duque de Sessa», que é, con bastante seguridade, don Gonzalo Fernández de Córdoba. Este brevísimo exame dos textos, ademais de fundamentala súa procedencia gondomarense, permite postulalo seu estado orixinario como cartapacio misceláneo que o incendio sufrido converteu en follas soltas. Mesmo é probable que sexa o propio conde o responsable directo da súa recompilación, pois os manuscritos de varios, con maior ou menor coherencia xenérica, constitúen parte importante da biblioteca gondomarense. O que non é doado de explicar é a presencia dunha peza gondomarense na biblioteca do duque de Alba, e nada podemos afirmar sobre as circunstancias e a época en que se puido producir esa incorporación, xa que o estado actual da investigación acerca da dispersión da biblioteca que don Diego tiña na Casa del Sol en Valladolid non esclarece, agás para o paso da maior parte da colección ó Palacio Real (Fernández de Córdoba 1999), as circunstancias doutras apropiacións, como a colección de libros impresos, manuscritos e
247 Nº 363