Crónica
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Por iso, solicita un aumento da presencia do galego equivalente a un 10% anual, ata acadala proporción de uso permanente ou ocasional do galego que os datos do M a p a Sociolingüístico de Galicia revelan. Os Medios de Comunicación, se han ser fieis á súa misión esencial, non poden desoír este compromiso que se lles pide dende o realismo. Esta Academia agradece a aportación espontánea e, ás veces arriscada, que en tempos difíciles fixo a Prensa á dignificación da nosa lingua, e maniféstallela súa simpatía e apoio a cantos hoxe traballan en galego nos Medios de Comunicación e anímaos a melloralo nivel gramatical e léxico, porque sabe que eles son importantes prestixiadores da lingua e difusores do estándar. Pide igualmente ós Poderes Públicos que velen para que a calidade das emisións dos medios públicos (autonómicos ou municipais) se distingan pola veracidade, a elegancia e a función elevadora do nivel medio da nosa sociedade e para que as subvencións ós Medios condicionen un aumento do uso da lingua propia de Galicia. Non seremos dignos do patrimonio que herdamos, se non defendémola lingua, que é a máis importante creación cultural dos galegos e o seu máis definitivo sinal de identidade. Na seguridade de que atenderá as razóns que lle expoñemos, aproveito para saudalo en nome desta Corporación e en nome propio.
Francisco Fernández del Riego Presidente
P O R C E N TAXES D E GALEGO NA P R E N S A D I A R I A N OVEMBRO 1 9 9 8
100 80 Diario de Pontevedra 3,74 El Correo Gallego 5,31 La Voz de Galicia 6,13 60 Atlántico 2,38 40 20 0
325 Nº 362
CABECEIRA
1990 4'20% 2'96% 9'07% 3'01% 2'63% 2'98% 3'61% 5'39%
1993 2'62% 2'34% 5'08% 1'35% 3'42% 2'47% 2'97% 4'13%
1998 2'38% 3'74% 5'31% 1'64% 4'10% 3'94% 3'92% 6'13% 100'00%
Atlántico Diario Diario de Pontevedra El Correo Gallego El Ideal Gallego El Progreso Faro de Vigo La Región La Voz de Galicia O Correo Galego
El Ideal Gallego 1,64
O Correo Galego 100
Faro de Vigo 3,94
El Progreso 4,1
La Región 3,92