BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
corrido pola cidade cos estudantes para darlles a coñecer os lugares e monumentos máis significativos da cidade. O día 4, despois das clases teóricas, tivo lugar ás doce da mañá o acto oficial de apertura dos cursos no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Neste acto tomaron parte a Sra. Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (Dna. Marisol López Martínez), o Presidente da Real Academia Galega (D. Xosé Ramón Barreiro Fernández), o Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Santiago (D. Lourenzo Fernández Prieto) a Directora do ILG (Dna. Rosario Álvarez) e o Director dos cursos (D. Manuel González González). As actividades leváronse a cabo de acordo co programa seguinte: ? de 9:30 a 11:30 horas: clases teóricas ? de 12 a 13:15 horas: conferencia sobre algún tema de cultura galega ? de 16 a 18 horas: clases prácticas A partir das 18 horas desenvolvéronse actividades extraacadémicas con carácter voluntario (visitas a museos, exposicións, monumentos, proxeccións cinematográficas e de vídeo, asistencia a concertos, actividades deportivas...). As conferencias sobre distintos aspectos da xeografía, historia, etnografía, lingua e literatura galegas foron pronunciadas polos seguintes profesores, segundo a súa orde de intervención: Dna. Fina Casalderrei D. Bieito Iglesias D. Modesto Hermida D. Marcial Gondar Portasani D. Augusto Pérez Alberti D. Xosé Ramón Barreiro Fernández D. Xosé Luís Axeitos Agrelo D. Manuel Rico Verea. D. Xesús Alonso Montero D. Xosé Manuel Salgado Rodríguez Realizáronse tres excursións de xornada completa: a) A primeira á Noia, Muros, Carnota, e costa da Morte (con visita a Corcubión, Fisterra, e Muxía). b) A segunda, de carácter campestre, e enfocada principalmente cara ao contacto directo coa natureza, foi ás fragas do Eume e a Pontedeume. c) A terceira á cidade de Pontevedra (con visita ao Museo e percorrido pola cidade vella), Combarro, Sanxenxo, A Toxa e Cambados.
Nº 369
284