Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
4.1.2. Algúns problemas fonéticos destas realizacións 4.1.2.1. O ?X? inicial A palabra xugo permítenos estudar perfectamente os distintos resultados do j latino no galego actual: A. O estadio sonoro [ ] ([a u?o]), procedente do son ?africado, prepalatalalveolar? [ ´]16, encontrámolo, dentro do territorio de fala galega, en Hermisende (Z), MonterredondoPadrenda (O), Entrimo (O) e Lobios (O)17. Nestes puntos aínda se conserva a oposición da ?fricativa, prepalatal, xorda? e a ?fricativa, prepalatal, sonora?, oposición que está a piques de desaparecer en Hermisende, e que parece ter unha vitalidade maior nos demais puntos sinalados. B. O resultado máis xeral no galego é o ?prepalatal, fricativo, xordo?: [a?u?o]. A desonorización da fricativa, prepalatal, sonora produciuse paralelamente á acontecida no resto do sistema de sibilantes. Segundo Martinet18, que se limita unicamente ao caso do castelán, a desonorización das sibilantes sonoras sería o resultado da evidente influencia prolongada da fonoloxía do vasco sobre a do español, xa que os dialectos do vasco se caracterizan na súa maior parte por preferiren as articulacións xordas; e sitúa este fenómeno pola segunda metade do séc. XVI e primeiras décadas do XVII. Dámaso Alonso19 encontra numerosos testemuños de desonorización no galego xa desde o séc. XIII, e pensa que este fenómeno producido no norte da Península Ibérica debeu obedecer a unha causa profunda, sen dúbida, un substrato común de efecto retardado. A desonorización puido ter ocurrido sinxelamente por unha evolución fonética interna, como defende Amado Alonso20, que a considera debida ao incremento do sopro para manter o ?rehilamiento?, que se vía rebaixado polo abrandamento xeral da fala producida no séc. XVI, o que produciu unha crecente abertura supletoria que levaba consigo a supresión das vibracións larínxeas. Pero, esta evolución fonética debeuse ver favorecida pola dificultade que tiñan os falantes para articular as sibilantes sonoras, debida, sen dúbida, ao influxo dalgún substrato antigo. C. O terceiro resultado en galego é a variante ?fricativa, apicoalveolar, xorda?: [asuho], [asuxo]. Este concide, nunha gran parte, coa área onde o fonema /s/ se realiza como ?fricativo, predorsal, xordo?. Cómpre reparar en que nestas zonas, a pesar da despalatalización do fonema /?/, aínda non se perdeu totalmente a oposición fonolóxica /?/ vs /s/, posto que o primeiro fonema é realizado foneticamente como ?fricativo, apicoalveolar, xordo?, en tanto que o segundo se realiza como ?fricativo, predorsodental, xordo?. Atopámonos diante dunha oposición fonolóxica pouco común en galego: a producida polos trazos, neste caso distintivos, ?apicoalveolar? / ?predorsodental?. Descoñecemos a anti143 Nº 365