Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Trátase dunha reacción que poderiamos representar da seguinte maneira: B A O campo de dispersión de B progresa en dirección de A, traspasando a marxe de seguridade que separaba o campo dos dous fonemas, e facéndose dono da zona que posuía A. Diante desta usurpación A vese obrigado tamén a progresar para poder seguir mantendo a súa personalidade diferenciada, pois, de non facelo, produciríase unha desfonoloxízación da oposición entre A e B. Mais en contra desta hipótese atópase o feito de que a realización predorsal do fonema /s/ goza dun profundo enraizamento, e parece que é dunha notoria antigüidade. Teñamos en conta que a pronunciación do s como predorsal é tradicionalmente un dos trazos que, na conciencia lingüística popular, distingue a fala destes pobos da doutros veciños. Isto fainos supoñer que a variedade predorsal é a tradicional nesta área. Por outra parte, o proceso de despalatalización do fonema /?/ parece un fenómeno moderno, que aínda hoxe se está levando a cabo en moitos puntos, nos que se observa que as xeracións de idade máis avanzada conservan aínda a pronuncia deste fonema como palatal ou semipalatal, en tanto que nas xeracións máis novas o proceso de despalatalización xa se atopa totalmente consumado. Estes feitos fannos pensar que a pronuncia predorsal do fonema /s/ é un fenómeno autóctono destas zonas, ou, polo menos, dunha antigüidade moito maior ca o fenómeno de despalatalización de /?/. Hai unha tendencia na lingua a manter aproximadamente a mesma distancia entre todos os fonemas, e a que todos os fonemas teñan aproximadamente un campo de dispersión da mesma amplitude. A distancia entre a realización predorsal do fonema /s/ e a palatal do fonema /?/ era ampla de máis. O fonema /?/ puido aproveitar o espazo libre do [s] apicoalveolar para avanzar nesa dirección. Hai algún punto onde o proceso de despalatalización está a medio camiño, e o fonema /?/ pronúnciase co son semipalatal [ ]. Este é un dos feitos que nos mostra que o fenómeno da despalatalización é recente. Son os puntos onde aparecen as realizacións [ uho] e [ uxo]. Pero a pronuncia do x como semipalatal non é en ningures a única realización fonética deste fonema. Nestes puntos, ao seu lado, áchanse as realizacións [?] ou [ ]. A variante semipalatal cómpre estudala en relación coa socioloxía lingüística e tendo en conta as distintas xeracións que conviven nunha mesma fase da historia da lingua: Tanto en Mazaricos como en Duio (Fisterra) a pronuncia máis común do fonema /?/ na xeración que a mediados da década dos setenta andaba polos sesenta anos, pouco máis ou menos, era a semipalatal / /, pero aínda había persoas desa idade que pronunciaban [?]. Pola contra, as xeracións máis novas xa realizaban o fonema /?/, dunha maneira case xeral, como [s], chegando mesmo nalgún caso ata a realización predorsal [s]. E. A pronuncia [s] do fonema /?/, [asuxo] e [asuho] dáse soamente nas persoas máis novas dalgún punto onde a realización máis xeral é [s]. Está rexistrada en Santa María de Roo
145 Nº 365