BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
güidade do seseo predorsal que se dá nesta zona, e non sabemos se a modalidade autóctona nesta área era a apicoalveolar, neste caso a variedade predorsodental sería unha evolución recente do primitivo son apicoalveolar, ou se, pola contra, o fonema /s/ tiña xa desde os primeiros anos da formación do romance unha realización predorsal. Galmés de Fuentes21 é partidario da segunda interpretación, e pensa que a realización autóctona do seseo desta área é a predorsal:
El seseo predorsal, que liga a una parte de Galicia, no con el portugués del Norte, sino con el menos conservador de Centro y Sur, representa, sin duda, la pronunciación autóctona del gallego. El seseo se halla comprendido dentro del área que emplea la gheada, y por lo tanto, pertenece a la zona más arcaizante de Galicia, que ha resistido con mayor tenacidad a la presión culta castellanizante, que, en lo que se refiere a las sibilantes, ha dominado en el resto del territorio gallego.
Se aceptamos a primeira hipótese de que a variedade predorsal é un fenómeno moderno, podemos explicar o paso de [s] apicoalveolar a [s] predorsal como unha reacción ante o fonema /?/, ao realizarse este, foneticamente, primeiro como semipalatal [ ] e, posteriormente, como apicoalveolar [s], despois de perder totalmente a seu carácter palatal. Todos os fonemas teñen un campo de dispersión, admiten unha gama máis ou menos variada de realizacións fonéticas distintas, sen que chegue a confundirse con outro fonema. Para evitar a confusión de dous fonemas de realización fonética próxima existe unha marxe de seguridade, a partir da cal a distinción fonolóxica non se percibe claramente. Na realización de cada fonema hai, polo menos dentro dun determinado contexto, unha pronuncia óptima, que Martinet22 chama o centro de gravidade do seu campo de dispersión. No momento en que as realizacións fonéticas dun fonema se achegan perigosamente ao centro de gravidade doutro fonema, é posible que este segundo fonema atacado reaccione en contra do invasor, trasladando o seu punto de articulación en dirección contraria á do fonema que traspasou a marxe de seguridade existente entre o campo de dispersión de ambos os dous. Este podería ser o caso do fonema /?/, realizado foneticamente [s], e de /s/, foneticamente [s]. Partimos dunha etapa en que o centro de gravidade do fonema /?/ sería unha realización fonética ?prepalatal, fricativa, xorda?, cun campo de dispersión que permitiría adiantar ou atrasar un pouco o seu punto de articulación, pero sempre dentro dunhas marxes de seguridade que garantirían perfectamente manter a súa personalidade fonemática fronte ao fonema /s/. Nesta etapa o centro de gravidade do fonema /s/ sería unha realización ?apicoalveolar, fricativa, xorda?. No momento en que /?/, a impulso duns determinados factores, adiantou o seu punto de articulación, chegando a unha realización fonética [s], coincidente mesmamente coa pronuncia de /s/, obrigou a este último fonema a mudar tamén o seu punto de articulación realización [s] predorsal para manter a súa entidade e conservar a oposición fonolóxica con respecto ao fonema que usurpou a súa antiga articulación. Neste caso o factor fundamental que obrigou a pasar ao fonema /s/ dunha pronuncia apicoalveolar a unha pronuncia predorsal é un factor interno xenuinamente lingüístico23.
Nº 365 144