Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
A maneira de usalas grafías como representación de consoante palatal evidencian que nesta época non se corresponden cunha diferencia fónica: o antigo par /?/:/ / confluíu xa en /?/ e as realizacións do novo fonema gráfanse por medio de calquera das grafías antigas, unhas máis vencelladas ca outras a determinadas palabras, segundo o hábito e o grao de coñecemento da tradición. Así, na maior parte dos casos en que se rexistra esta é a grafía usada en etapas anteriores (reyxelo), pero agora entra en competencia nas mesmas palabras con (peixe ~ peije, deixar ~ deijar [deixan, deixaron / deijo], cfr. port. ), aínda que tamén hai indicios de que comeza a estendelo seu dominio (xa xunto á maioritaria ja, cfr. port. ). A grafía é minoritaria, só se usa ante e ten o seu espacio invadido por (fugir, giado, gineta, jente ~ gente; cfr. port. ). A grafía é a maioritaria, emprégase ante calquera vocal e representa sons de diferentes procedencias etimolóxicas e distintas evolucións en portugués (cojo, rrojo, taijaron [port. ]; jamais, jesus, oje, justiçia [port. ]; jiba [port. ]; Tareija (gal. med. Tareija), fijo (ant. fizo, fiso); ademais concorre coas outras grafías nas mesmas palabras. En posición inicial de palabra emprégase sempre (so, seu, sos, senon, sutis, sacos, sacaron, saban, soldados...), pero en posición interior a grafía maioritaria é o dígrafo . A representación que na lingua antiga correspondía ó membro xordo da parella /s/:/z/ esténdese a palabras e segmentos en que se esperaría a consoante simple (ussar, garatussa, acasso, benturossa, camissa, cassa, brassa, rissa..., cfr. port. ; oubesse, cfr. port. ), e atinxe incluso a posición interior posconsonántica (falssa, pero consentir). Respecto a intervocálico, o único caso en que corresponde a unha antiga consoante sonora é Jesús; en nosoutr está nunha forma composta en que nos impón a súa grafía; os restantes son en grande parte exemplos de vacilación en que a forma simple é a minoritaria (noso e nosso; cousa e coussa; pasou e passar, passado, antepassados) ou en todo caso formas en que se esperaría por teren o fonema xordo na lingua antiga (asi, asubiando, eso, ese, esa, desa e nesa; cfr. port. ). Entre as grafías dos sons que conducen á actual interdental (antigos /ts/:/dz/ > /s/:/z/), a preferida en posición explosiva é , con independencia tanto do contexto coma da orixe e da evolución seguida no galego raiano da Limia Baixa e Hermisende e mais en portugués: calzado, pareza, empezoñou, cobiza (port. <ç>); esqueze, merezen, pareze, carnizeria, malizia (port. ); fazer, beziña, lapuzes, preziado, cozinou, rrazon, rrapaziños, surziron (port. ); panchozes, buraziños. Séguelle en orde de frecuencia <ç>, que tamén se usa sen ter en conta nin a orixe nin o contexto vocálico (moça, caniço, condiçon, justiçia [port. <ç>]; biçente, quatroçentas, ofiçio [port. ]; deçeyme [port. ]); nalgún caso vacila, a favor do uso de sen base etimolóxica (teçelán ~ tezelán, port. ); excepcionalmente atópase tamén (abracarbos, que na nosa edición restituímos en ç). Esta mesma orde de preferencia maniféstase tamén en posición inicial de palabra, en contra da práctica do galego antigo e do portugués moderno: zerto ~ çerto, zea, zes[tas]
259 Nº 363