BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos e investigación sobre outros temas
seira, lagumeiros, lacoeiros, queimado, primeiro, deixaron...; /ai/ gaiteiro, taijaron, / ai/ nay, pay, Ay (v.), ay (interx.), queday, pero escuitaime, alcaide, jamais, mais (conx.), mais (pron.); /oi/~/?i/ oyres, / oi/~/ ?i/ boy, foi, pois. Finalmente, emprégase sempre para representar /i/ silábico en posición inicial de palabra, aínda que non estea en secuencia con outra vocal: ynes, ynsinada, yr, ynbes. O grafema só se usa nunha ocasión (honrrados, fronte a oubese, abes, ey, ay), á parte das súas ocorrencias no dígrafo . Non hai grafía para a consoante nasal velar intervocálica, pois nas distintas ocorrencias dos pronomes determinantes que poden contela atópase va e algua; con todo, debe entenderse que baixo este xeito de representación se agocha a existencia dun son nasal, pois segundo os antecedentes e os consecuentes non parece posible que nesta época e nesta área non existise. A consoante nasal palatal gráfase adoito como <ñ>, e moi excepcionalmente como : miña, rrapaziños, enpeño, beño, camiño, rapiña..., sobriño, pero sobrino, rrabunar, cozinou e bezina (en todo caso, a rima e outros criterios garanten que a lección correcta é / /). A consoante nasal implosiva gráfase adoito como , en calquera posición e ante calquera consoante (din, can, merezen, enpeño...), e só excepcionalmente como <ñ> (ladroñs, 3v. na mesma estrofa) ou como (comprar). Salientamos tamén que non hai ningún vestixio da práctica anterior de marcalo trazo nasal por medio dun til, pois os únicos presentes no texto son os do grafema <ñ>. O fonema /r/ gráfase en posición inicial de palabra como (Real, Ruyn, Rapaziños, Reyxelo, Regateira, Rabo, Romarias, Rabunar, Razón..., mesmo no interior de locucións, como o Rebes...), coa excepción de en o rrojo, con todo escrito ; en posición interior gráfase adoito como , tanto tras vocal coma tras consoante (honrrados, ferrado, morreron, terra, guerra, barren, burras...), cun só caso de excepción de (caRo). O fonema /?/ gráfase sempre como . A consoante lateral palatal está representada sempre por : mellor, ballame, milleiro, vlletes, caramillo, ollos... Na palabra mill, o mesmo dígrafo representa /l/ implosivo, usando unha forma gráfica con moita tradición. Aténdose a unha rima consoante estricta, habería que concluír que en «vila ... Castilla ... marabilla» o grafema está representando a palatal /?/, pero, dado que este castelanismo é improbable, sobre todo referido á que aínda na época actual segue sendo «a Vila», preferimos concluír que é unha rima deficiente. O dígrafo representa as realizacións do fonema /k/ ante , da mesma palabra (que, quen, quero, esqueze, achaque..., aqui...), ou da palabra seguinte por elisión fonotáctica (queu, queste). En dúas ocasións representa /k/ ante , por apego á tradición gráfica: quanto, quatroçentas; cremos que representa /k/ e non /ku/ porque hai datos abondos no texto de cuá> cá: cás, cántos, cando. O grafema ante ten dous valores: o velar que ten ante (ningen, formigeiros, tragia [vid. § 7.3, 7], como galo, testigo, algua...), compartido co dígrafo (guerra, ngueira), e o palatal, en concorrencia con (gente, fugir, giado, gineta).
Nº 363 258