Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
a «Canción en loor de don Diego das Mariñas», parece moi propia dese círculo literario. A estes testemuños podemos axuntar algún outro que engade outro participante a ese cadro cortesán de celebracións literarias. Melchor de Teves, que acompaña a Diego das Mariñas nas súas tarefas de goberno militar e que en 1595 é comisionado polo rei para facerse co goberno do concello de Pontevedra15 ofrécenos en carta a don Diego Sarmiento de Acuña, en maio de 1596 [RB II/2157, 51], unha evidencia máis das afeccións literarias compartidas polo grupo:
Las coplas bi y las unas son de don Luis de Góngora, y las de don Gaspar son mucho mejores y de honbre que aun en disparates es más conçertado.
Deste Gaspar de Teves, que seu tío Melchor pon en maior estima có mesmísimo Góngora, chegará alomenos outro texto a Gondomar, un «romance al tiempo» que o 30 de xullo de 1596 Francisco de Villapadierna lle remite desde Valladolid. Semella, xa que logo, que todas estas pezas poden ser consideradas testemuños fragmentarios de reunións da que denominamos «corte literaria gondomarense», que ten como persoeiros centrais o conde de Gondomar e don Diego das Mariñas, e na que participan personaxes vinculados a Pontevedra, como Felipe Montenegro, Arias Becerra ou Melchor de Teves. En canto ó Diálogo de Alberte e Bieito, polo seu xénero e o seu ton burlesco, ten clara cabida nese círculo. A súa procedencia pontevedresa, da que hai suficientes indicios como probaremos máis abaixo, e a súa presencia nesta colección conxúganse á perfección coa corte literaria gondomarense que acabamos de reconstruír. O Diálogo puido chegar doadamente ás mans dun dos personaxes pontevedreses mencionados que teñen intercambio literario co conde, ou ben ás propias de Diego das Mariñas, durante a súa estadía pontevedresa, ou incluso puido ser composto para o seu regalo por algún poeta do seu círculo; en calquera caso, todo fai pensar que o texto foi compartido co conde na súa corte de Gondomar. Pero, aínda dando isto por certo, queda pendente a pregunta de maior interese: ¿en que modalidade foi recibido este texto por primeira vez? As conxecturas que se nos ofrecen parten das conclusións da análise expostas máis arriba sobre a forma de «lectura» do Diálogo: ¿foi simplemente un texto máis para a actividade de «coplear» que estes persoeiros compartían ou, por contra, foi destinado á súa representación? Polas características do texto, inclinámonos máis cara a esta segunda hipótese, e neste caso o máis probable é que a súa primeira representación tivese lugar nalgunha das múltiples festas pontevedresas. O interese por este tipo de textos, ben como pezas independentes ben como partes de relacións de festas, é moi habitual na época, é dicir, nada debe estrañar que don Diego das Mariñas asista a unha representación e se afane en conseguir un traslado do texto16; pero tampouco podemos descartar unha escenificación do texto na «corte gondomarense», onde calquera acontecemento xustifica a cele251 Nº 363