BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
Unha figura tan complexa e rica intelectualmente como Murguía estaba a pedir unha monografía cumprida que concretase o papel esencial que xogou este pequeno grande home como arquitecto ideolóxico do noso país. Bibioteca e Hemeroteca Creadas en 1905. Director: D. Antonio Gil Merino (desde o 17 de decembro de 2005 ocupou o cargo D. Xosé Luís Axeitos Agrelo). Financiamento: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Traballos desenvoltos: Tarefas levadas a cabo na Biblioteca e Hemeroteca: 1. Rexistro informatizado dos fondos bibliográficos que foron chegando durante o ano. No 2006 gran parte dos fondos rexistrados corresponden ás bibliotecas particulares de Francisco Fernández del Riego, Antonio Meijide Pardo e Francisco de Asís Zelada. 2. Xestión das diversas doazóns efectuadas dende a biblioteca a distintas institucións que así o solicitan con dous claros obxectivos: 2.1. Solidariedade con estas institucións. 2.2. Liberación de espazo útil nas nosas instalacións, posto que constitúe unha vía de saída para os fondos repetidos cos que contamos. 3. No capítulo de saídas temporais de fondos destacamos a achega bibliográfica para as seguintes exposicións: Galicia, a forza da palabra, organizada pola propia RAG, La II República en Galicia, organizada polo Concello da Coruña e Manuel Lugrís xornalista, organizada pola Asociación da Prensa da Coruña. 4. No apartado da catalogación e informatización dos fondos salientamos: 4.1. Biblioteca Murguía: Incorporación ao catálogo informatizado de 300 volumes. 4.2. Biblioteca Emilia Pardo Bazán: Aínda que o catálogo impreso no ano 2005 recolle o noventa por cento do fondo da RAG, quedaba unha pequena parte sen controlar, polo que o traballo centrouse en dous sectores: 4.2.1. Incorporación ao catálogo informatizado de 196 folletos que apareceron con posterioridade á realización do catálogo da súa biblioteca. 4.2.2. Organización duns 450 volumes incompletos (excluídos inicialmente da catalogación por falta de datos bibliográficos e dos que se leva feito a metade) da seguinte forma: 4.2.2.1. Xuntanza de partes soltas para formar unidades completas na medida en que isto sexa posible. 4.2.2.2. Incorporación ao catálogo destes fondos que ás veces completarán os xa existentes e outras veces serán completamente novos (normalmente con datos incompletos debido á falta de portadas). 4.3. Fondo non galego da hemeroteca:
Nº 368
300