Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Catalogouse a metade da sección de publicacións periódicas cerradas non galegas situada nunha das salas do soto. 5. Informatización dos datos contidos no boletín da RAG en relación á orixe, cantidade e data das doazóns bibliográficas á biblioteca académica ao longo da súa historia. 6. Iniciouse a informatización dos primeiros libros de rexistro da biblioteca. Son catro libros en total, dos que se leva feito a metade. 7. Xestión da base de datos de intercambios de publicacións entre diversas entidades. 8. Participación nas diversas tarefas relacionadas coa exposición do centenario da RAG. 9. Atención de usuarios (consultas telefónicas, por correo electrónico ou na propia sala de lectura): 9.1.1. Información bibliográfica. 9.1.2. Consulta e reprodución de fondos segundo a normativa. 9.1.3. Tratamento informático destes datos de consulta e reprografía. Este ano incrementouse a consulta a distancia, tanto telefónica como por correo electrónico debido ao funcionamento da páxina Web da Real Academia Galega. 10. Mantemento e actualización do catálogo na páxina Web da RAG. ARQUIVO Creado en 1905. Director: D. Antonio Gil Merino (desde o 17 de decembro de 2005 ocupou o cargo D. Xosé Luís Axeitos Agrelo). Financiamento: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Traballos desenvoltos: Acomodo dos fondos: FET y de las JONS, Familia Loriga, Familia Troncoso, González y de las Heras, Francisco Lodeiro. ? Organización e descrición dos fondos de: Pardo Bazán, GonzálezBesada, Ángel del Castillo, Francisco González López. ? Revisión das coleccións Rosalía de Castro, Salvador Golpe e Francisca Herrera. ? Catalogación fotográfica dos seguintes fondos: Sánchez Bregua, Ramón Suárez Picallo, Familia Brocos, FET y de las JONS. ? Catalogación fotográfica das seguintes coleccións: Colexiata de Santa María, Coro Brétemas e Raiolas, Casa de Galicia en Nova York. ? Novos ingresos: Compras: ? Correspondencia de A. García Besada, A. del Castillo, M. Belonado, J. Pardiñas e R. Piñeiro. ? Documentación da Familia González Ribera, Abente e Loriga. ? Poesías manuscritas de Labarta, Rosalía e Murguía. ? Diferente documentación histórica. ? Oitocentas diapositivas e fotografías
301
Nº 368