Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
No hay mejor fuente antigua sobre nomenclatura vernácula que la contenida en sus escritos y, en lo que a Galicia se refiere, no son superados por las aportaciones posteriores... Es aquí donde la obra de Sarmiento adquiere un valor singular como mas antigua recopilacion de campo y, por ello de aplicación presente. En esta linea, Sarmiento es un recurso variado, rico y no explorado en todos sus rincones. Es necesario, por tanto, abordar su obra con criterios analíticos precisos para extraer los frutos que aun quedan por recoger.
A zooloxía foi outro campo que cultivou Sarmiento e no que se poden establecer tres grandes grupos de traballo dentro da gran dispersión de temas que tratou: a) os traballos sobre aves, nos que a maioría se corresponde con contestacións ás preguntas que sobre elas lle formulaba o Duque de Medina Sidonia, que parecía ter unha curiosa afección ós paxaros. Son exemplos as cartas relativas á ave do paraíso, paxaro burlapastores, paxaro flamenco, o palitoque, picatuerto, etc. b) estudios sobre peixes, nos que agás algún caso relativo ós cetáceos onde primaba a curiosidade, nos demais existía unha evidente orientación económica na que o transfondo dos intereses dos mariñeiros galegos ?maiormente os de Pontevedra? era o motivo fundamental que os alentaba. c) outros temas, onde respondía tamén a todo tipo de consultas que lle chegaban e, onde tanto podía falar dos animais reais como era o caso dos lobos e dos rinocerontes, como dos imaxinarios, como era o caso das sereas e dos sátiros. É curioso, por outra banda, que no tocante á sistemática zoolóxica, cando a empregaba, semellaba ter menos reparo en utilizala de Linneo, que no caso dos vexetais. Finalmente, no relativo ós minerais, volve primalo interese aplicado como eixe do tratamento que lles dá e, unha vez máis, Galicia e o benestar dos seus homes volve selo norte das súas utilidades, que poden ser terapéuticas, como no caso do talco, agrarias, como no da marga, ou sobre todo artesanais, como no dos minerais de ferro, cobre ou arsénico. Unha agricultura de ?polaina y gabán? Probablemente o episodio máis coñecido do pensamento agrario de Sarmiento é a contestación á Academia de Agricultura de Galicia, devolvéndolle o pergameo co seu nomeamento como membro dela. Na carta de contestación ó Marqués de Piedrabuena, director da Academia, escrita nun ton duro e non moi educado, presenta como único argumento da negativa o feito de que ? yo repugno aceptar titulo alguno académico, ni numerario, ni honorario a facultad alguna?. De tódolos xeitos, polo contido completo da carta, así como polo doutros escritos que fan referencia a este asunto, pódese deducir que ademais do rexeitamento xeral que manifestaba a pertencer a sociedades e acade55 Nº 363