Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
'matar' (Álvarez & Xove 2002: 332), igual ca modernamente en portugués: «que algua seique foi morta». En «¿Ela é morta?» estamos diante dunha construcción atributiva que ten a particularidade de empregar ser co mesmo significado con que na actualidade se empregaría estar. Canto ás perífrases, ademais da pasiva, recollemos haber de + inf. cun valor difícil de precisar por falta de contexto («emos de comprar»), deber de + inf. con valor modal de probabilidade («debe de ser da Benposta») e, sobre todo, a perfectiva haber + participio («os traballos que ey passado», «según o que abés contado», «que oubesse saydo deles»); a diferencia das primeiras, a derradeira non prosperou no camiño cara ó galego moderno (cfr., con todo, port. haver + part.). Na construcción de ver + Inf. márcase con a a FN que non funciona como Sux. do verbo dependente: «Ó rebés bin fazer a un cordobés ya outro sibillano» (non 'vin que facían un cordobés e un sevillano', senón 'vin que lles facían a...'). 8. O tratamento. Os dous participantes no diálogo pertencen ó mesmo estamento, pero son persoas de distinta posición social, marcada pola diferencia de idade entre tío e sobriño. Esta desigualdade dos locutores dános ocasión de nos achegar ás normas de tratamento usuais na época neste medio. Alberte, situado por idade en posición inferior, emprega a P5 para se referir ó seu interlocutor singular, máis vello (sabés, escuytai...; bos); ademais, diríxese a el con tío, que neste caso é forma de parentesco, sen acompañala do nome propio. Por iso hai que interpretar pagarás como P5 do Antepret. con valor irreal e non como P2 do Ind. Fut.: «Non, que pagarás o pato» ('se o dixesedes pagarades; non o dicides, non pagades'). Ó remate da obra despídese do público empregando tamén a P5 para estoutro alocutario plural («queday con muy boa estrea»). Bieito, por contra, diríxese a seu sobriño polo seu nome («¡Ou, Alberto!») ou con vocativos como meu parente e fillo, e usa a P2 tanto no verbo (véns, chores...) coma no pronome persoal (che, te) ou no posesivo (teu, túa). Por iso cómpre concluír que na P5 da pasaxe «Éche cousa de chorar [...]. Non acharés, por máis e máis que busqués» hai un cambio de alocutario: ou se dirixe a unha persoa singular que deba ser tratada con cerimonia ou a un grupo de dimensións indeterminadas, posiblemente o público que asiste á representación ou parte del. Nas mencións doutras persoas veciñas da aldea ou persoeiros da vila úsase o nome propio ou o apelido, sen ningunha marca protocolaria. Finalmente, Bieito dille ó sobriño por túa nay, por teu pay, sen usalas voces madre e padre nin os posesivos de respecto, a pesar de que estaren mortos. 9. Adverbios. Entre os adverbios destacamos, polo interese diatópico, acá, alá (non acó, aló; ALGa: II 313, 315) e aquí (non eiquí, aiquí). Ben úsase como complemento de modo («mirando ben seu trato», «como nela ben passar») ou como cuantificador («Ben pareze [...] que che esqueze», «Ben sey ja que morreron»). Emprega seique como modali271 Nº 363