Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
BIR. Tódalas formas son do tema de presente: Inf. bir; Ind. Pres. beño, béns, bén; Subx. Pres. beñas. A P2 béns, documentada aínda hoxe na comarca de Vigo (ALGa: I 405), explícase por evolución regular a partir de ues < uees, coma vén de ue > uee, logo ? ? ? ? practicamente varrida pola forma vés, que ou ben ten un MPN analóxico (ns non ten apoios na morfoloxía verbal, pois nin sequera se rexistra en ter), ou ben procede de vées < uees, con reducción vocálica trala desnasalización. Con todo, a crase en posición tóni? ca final absoluta ou trabada por abonda para explicala presencia da consoante nasal (cfr., máis arriba, manténs). DAR. Do tema de presente rexístranse Inf. dar, Ind. Pres. dás. Do tema de perfecto unicamente deron, que na actualidade segue ocupando a costa pontevedresa ó sur da capital, pois o Salnés é territorio de diron (ALGa: I 228); carecemos de datos para concluír se xa estaban en distribución diatópica na época de redacción do texto, pero no período medieval Maia (1986: 777) e Cordeiro (2000: 28) só rexistran deron. DEÇER. Tódalas formas son do tema de presente: digo, din, dirán, diga, deçey. A través de deçey supomos un Inf. deçer, da CII, o que non impide que a forma do Ind. Fut. se forme sobre dir (dirán). A P6 do Ind. Pres. proba que a competencia actual entre din e a máis antiga dicen (ALGa: I 234) ten raíces moi fondas no tempo, xa que o texto data din con anterioridade ó testemuño de Sarmiento unicamente a favor de dicen. ESTAR. As únicas formas son do tema de presente: Ind. estar, Ind. Pres. está, estamos. FAZER. No tema de presente, ademais de Inf. fazer e Xer. fazendo, salientan Ind. Pres. P3 faz e P6 fan: a primeira desapareceu completamente baixo fai (ALGa: I 255), a única que presenta xa Sarmiento, polo que o texto axuda a datar este cambio despois de 1600; a segunda, por contra, fai recuar no tempo o inicio do paso do antigo fazen (xa desaparecido, pero esporádico aínda en Sarmiento) a fan. No tema de perfecto, o radical é fig / fi?/, sexa a vocal radical tónica ou átona (Ind. Pret. fijo, figeron; Subx. Pret. figera), unha igualación propia da lingua moderna e non da lingua antiga (Maia 1986: 794). OYR. As formas P1 do Ind. Pret. oyn e P2 do Ind. Fut. oyrés testemuñan a forma tipicamente galega oyr e non ouvir, característica desde a Idade Media do galego tudense, continuando polo N ó longo de toda a raia a forma portuguesa (ALGa: I 308; Álvarez & Xove 1998: 4748). PÓR ~ POÑER. Non é posible saber a través do texto cal era o Inf. nin por tanto cal era o modelo de conxugación, pois unicamente se rexistran Imp. pon e Part. posta, que poden formar parte do paradigma de calquera deles. QUERER. Só se rexistran formas do tema de presente: Ind. Pres. P1 quero, P6 queren. SABER. A P1 do Ind. Pres. é sey, sen a nasal final que atopamos como primeira opción na Pontevedra do s. XVIII (Sarmiento: sein moito máis frecuente ca sei) e que logo había desaparecer de novo. As restantes formas documentadas son menos interesantes: Inf. saber, P5 Ind. Pres. sabés.
269 Nº 363