MANIFESTO Á PRENSA SOBRE O USO DO GALEGO
REAL ACADEMIA GALEGA Tabernas 11 A CORUÑA
Texto aprobado polo pleno de 9.4.1999 que reciben tódolos medios de comunicación o xoves 15.4.1999
12/4/1999
Moi Señor noso: Na sesión ordinaria do pasado día nove a Real Academia Galega acordou dirxirse a Vde, como Director de ................................... e mais a tódalas outras empresas xornalísticas que operan en Galicia (prensa escrita, radio e TV convencional) para expresárllela súa preocupación pola presencia residual que nas súas produccións ten a lingua galega. Esa presencia non corresponde ós niveis de comprensión e uso da nosa lingua segundo os datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia desta Academia1 ?nin á aceptación comercial ?que evidenciaron os estudios de mercado promovidos polo Consello da Cultura Galega2. Tal desproporción mantense a pesar da chegada da democracia, sen que a compense o feito de termos agora un xornal, unha radio e unha TV en galego e de existiren subvencións públicas para apoiala utilización da lingua propia de Galicia. O galego, en xeral, utilízase para falar de temas culturais, aparece nas colaboracións de escritores, nos comunicados dos movementos asociativos, na publicidade pagada e nas páxinas ou programas subvencionados polas diferentes Institucións galegas. Figura que o uso espontáneo do galego doutros tempos deu paso a un uso pagado ou subvencionado pero que segue sendo tan residual como era. Este paradoxo democrático produce preocupación porque a marxinación, prolon1. SEMINARIO DE SOCIOLINGÜíSTICA: Lingua inicial e competencia lingüiística. Real Academia Galega 1994. Usos lingüísticos en Galicia. Real Academia Galega 1995. Actitudes lingüísticas en Galicia. Real Academia Galega 1996. 2. F. RAMALLO, F. e REI DOVAL, G.: Vender en galego: comunicación, empresa e lingua en Galicia. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela 1997.
323 Nº 362