BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
4.3. DETERMINANTES 1. O artigo determinado é invariablemente o(s)/a(s), mesmo cando o precede forma verbal ou pronominal rematada en r ou s, contexto morfofonolóxico que determinaba, daquela coma hoxe, a presenza do alomorfo /lo/, que o autor non reflicte graficamente: ?para ajudar a apaciguar o estado? (v.59), ?choras os danos? (v.82), ?en breue tempo olbides / a torre? (vv.9596), ?por todas as partes? (v.30). A única variante gráfica é en ms. A, cun que nin sequera ten o valor de advertir da existencia dun hiato, pois o verso sería hipermétrico se non se fixese sinalefa en (v.80). Ante rei emprégase tamén o, e non a forma cerimonial el: ?o Rey vos escolleu da fror dos Pargas? (v.70). As formas contractas 'prep. a + art.' son o/a, sen ningunha marca formal que as diferencie das non contractas e da prep. a, unha homografía que impide interpretar con seguridade algunhas pasaxes, coma ?as altas profecías que esperan de Sebilla ó varón santo? (§ 4.6,3) ou ?tragees nouas de paz á uosa terra? (§ 4.3,3); na edición usamos til diacrítico para clarificar a nosa interpretación. Non se representa graficamente a contracción 'prep. para + art. det.' (?para os altos misterios?), que en todo caso sempre se realiza con dúas sílabas, que interpretamos como [pa??s] e non [p?aoss], consonte a tendencia a resolvelos encontros vocálicos por vía de contracción ou sinalefa. A amálgama 'prep. con + art. det.', a pesar da aparencia gráfica, resólvese nunha soa sílaba (?coa bosa casta?). A falta de contracción en ?en os anchos Reinos?, aínda máis visible no ms. A , non é simplemente gráfica, pois ao verso cómprenlle as dúas sílabas, , con nasal implosiva, e . A prep. por amalgámase co alomorfo |lo| do artigo, ?pola terra e mar?. É constante a contracción con prep. de: do(s), da(s). Canto ao uso, é salientable a ausencia de artigo cun hidrónimo, en contra da práctica habitual (?entre estas silueiras, que cengen a Mandeu con suas ribeiras?, v.18), talvez prosopopea; falta tamén o artigo en de Parnaso e co topónimo Cruña, este sen dúbida por estar nun vocativo (v.81); en cambio, non se omite a carón do topónimo da comarca que dá nome á familia (v.20), e coa súa forma feminina salienta que o sangue de don Diego é o máis esclarecido dos oriundos desa bisbarra, pois se Mariñas fose nese contexto o nome de familia, debería ter artigo masculino (?dos [das] Mariñas?, coma en ?da fror dos Pargas?). O superlativo relativo esixe a presenza do determinante (?do máys cabal varón que cinge espada?), polo que a lección de ms. A debe considerarse erro de copia; tamén é remarcable a presenza do artigo tras o cuantificador de totalidade con forma diferenciada (?por todas as partes?), nun sintagma en que hoxe serían aceptables, coloquialmente, outras opcións (?por tod'às partes?, ?por todas partes?; para a lingua antiga, vid. Maia 1986: 710711). Ante posesivo, o artigo é usado na maior parte dos rexistros, acompañando substantivos en singular ou plural, referidos a un ou varios posuidores, con e sen modificadores, con ou sen preposición: a vosa memoria, o voso nome, do teu verso, os da uosa linage, coa bosa casta , coa vosa esposa, as túas altas torres, da uosa antigua liña; a eles
Nº 364 266