Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
13
14
15
16
17
18
19
a la mirada pública y merezca el galardón de la imprenta». Cremos que a «Fuente del Plazer» se localiza en Tui. Na praza do Arco, no remate da actual rúa do Pracer, consérvase a casa principal dos Pazos e Figueroa, na veciñanza do convento dos dominicos, impulsores do culto a Nª Sª do Rosario desde mediados do s. XVI. En 1595, ligada ó convento de Santo Domingos de Tui, xorde unha das primeiras confrarías do Rosario na contorna (Rey 2002: 660661). O interese da carta para contextualizalo noso texto ben xustifica a súa transcrición, aínda que sexa parcial: «Don Diego mi señor v.m. se viene y se va sin que sepamos nada y no responde jamás a carta mía con responderme el duque de Lerma y don Rodrigo Calderón quando estava en palaçio. Suplico a vm. se acuerde que comimos y bebimos y copleamos y reimos y holgamos más que en mi vida me e holgado en Gondomar y que aunque estamos en calabozo somos gente y para señal de que v.m. se acuerda de lo referido embíeme las coplas que hizimos al capote y botas de Luis Arias y mula de los menores de don Philipe que los e perdido y v.m. las sabía de cabeza...» (Manso Porto 1996: 210). Fortes Bouzán (1989: 370) edita a Real Cédula de 26II1595 pola que Melchor de Teves é comisionado para tomar posesión da vila. Na correspondencia do conde de Gondomar documéntanse exemplos de coleccionismo de literatura efémera e relacións festivas. En carta de 29 de marzo de 1599, o bieito Pedro de la Cueva confirma a remisión duns sonetos que se colocaron no túmulo das exequias de Felipe II en Zaragoza, que trouxo o padre Rodrigo de Peralta [RB II/2147, doc. 160]; Rodrigo de Peralta envíalle nunha carta a transcrición dunhas coplas que se puxeron no túmulo de Felipe II en Salamanca [II/2147, doc. 191]; outros corresponsais remítenlle os sermóns que Cabrera ou Terrones predicaron con motivo da morte de Felipe II [II/2145, doc. 9; II/2146, doc. 17]. É un bo exemplo a organizada en 1597 polo conde de Benavente para celebralo bautismo da súa filla Mencía [RB II/2147, 46]. En Fortes Bouzán (1989: 362383) pódese ler un resumo das causas e consecuencias da crise pontevedresa de fins do s. XVI. Véxase, por exemplo, para as repercusións da actividade militar na Coruña, Saavedra Vázquez 1996: 199329; ou un panorama máis xeral, para a España dos Austrias, na xa clásica monografía de Thompson (1981).
20 Un testemuño referente ó aloxamento das tropas do capitán Varela en Baiona dános unha idea clara dos abusos que os soldados cometían nas poboacións: «este último quitó a los soldados del cuartel donde 'se podía bien vivir' y los alojó en las casas; usurpó la jurisdicción ordinaria, prendió a los vecinos, se apoderó de las lonjas del pan y de la sal, haciendo que se perdiera la pesca y fuera en aumento la peste, por tener que comer sin sal, maltrató de obra a los vecinos, cerró las puertas de Monterreal?» (Fernández Vega 1982: 65, n.367). 21 Esta manifestación de misoxinia, tan frecuente na época, compleméntase coa observación de Fortes Bouzán de que «La persistente susceptibilidad del Concejo hacia las mozas solteras roza en ocasiones lo patológico», en alusión á reiteración en dictar normas que lles negan calquera forma honrosa de subsistencia, coma a que en 1594 prohibe que elas fagan ou vendan pan, actividade reservada a «mujeres casadas que tengan en esta villa sus maridos» (1989: 241). Por outra banda, as razóns de orde moral ?a condición de solteiría da muller atenta contra a honra e a autoridade segundo tódolos moralistas da época? son con frecuencia utilizadas para xustificala exclusión da muller das actividades económicas, que esa sociedade reserva en exclusiva a unidades familiares, veciños independentes ou viúvas. 22 Actas de las Cortes..., tomos IX429; X384, 387; XI247, XV394 a 396, 749; XVI658, 659; XIX83, 441; XXII437 (G. de Amezúa 1951: III, 283, n.8). 23 Este tipo de condena era de aplicación habitual e está descrito en multitude de sentencias. A modo de ilustración, ofrecémola que se dá en 1535 contra Alonso de Hoyos; reza: «...devemos de condenar e condenamos al dicho Alonso de Hoyos... a que sea sacado desta carcel Real donde está preso, cavallero en un asno, con una soga a la garganta y con voz de pregonero que manifieste su delito, sea traydo por las calles acostumbradas y le sean dados cien açotes, porque a él sea castigo, y a otros exemplo...» (Memorial del pleito del Condado de Puñonrostro que esta pendiente ante los señores del Consejo..., s.l.: s.i., s.a.) [RB XIV, fol. 755]. 24 Respectamos nos exemplos deste subapartado a grafía orixinaria do texto, mesmo sen o til diacrítico e as outras pequenas modificacións da nosa edición. 25 Cómpre algún comentario sobre a sibilante inicial de serralleiro e zurrador: a primeira móstrase con grafía vacilante xa en épocas anteriores (v.
309
Nº 363