Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
de graçias, gentileça e valentia, que postas a Phelipe por diante vos escolleu de moytos por bastante en prudençia e cordura que tan compridas poso en vos natura para ajudar a apaçiguar o estado do reyno de Aragon alborotado E foy cousa muy certa que por voso balor, aviso e arte estando ja desperta a furia entre elles do sangrento Marte andando vos do general ó lado foy logo o furor deles apagado e asi con gran justiçia para os altos misterios da miliçia por fiel conselleyro do de Bargas o rey bos escolleu da fror dos pargas. En fin, esa bondade que corre sempre o igual con bosa casta fara a pesar da edade que as cousas mais subidas roe e gasta que o boso nome para sempre viva e entretallado en marmores se escriva con letra e bersos d'ouro de maneyra que ast'a edad postreyra de siglo en siglo por millos de anos dure a vosa memoria entre hos umanos. Cruña que lastimosa choras os danos dos crues yreges
no estes mays congojosa pois non che falta cousa que deseges para estar pola terra e mar segura, non bes tua dita o ollo e gran bentura, ora beras ben çedo sen ter reçeo algun de guerra ou medo as tuas altas torres derrubadas por este cavaleyro o çeo alçadas. Farase gorneçida de baluartes fortes e seguros tan fresca e tan polida con edefiçios de sobervios muros que por eles en breve tempo olbides a torre que alguns din que feço Alçides e bonda acharas nel tan enteyra que che terran [sic] denteyra moytos Reynos de verte gobernada de mays caval baron que çinge espada. Honrrado cavaleyro aunque tiren por vos cousas mais grandes que a valor tan enteyro çerto e que e pouco gobernara Frandes con todo como fillo agradeçido honrrade a patria donde aveis naçido façe co esa presençia que a guerra faga dela sempre ausençia asi vos logres ben coa bosa esposa honrrada prençipal e tan fermosa.
307
Nº 363