BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
xar co orixinal ou outra copia autorizada, non conservada, que en todo caso por emenda de B1 obtén B, que a partir desta copia emendada se fai ms. A e que logo se insiren as dúas copias no cartapacio. En definitiva, é necesario presupor a intervención do autor, ben por medio de borrador autógrafo ou copia autorizada, ben por corrección directa. A outra posibilidade ?emendas de escribente motu proprio? non parece moi viable, especialmente pola eliminación e substitución total no devandito v.86. En calquera caso, os datos expostos si parecen suficientes para xustificar a adopción de ms. B como texto base para a nosa edición. 2. O DEDICATARIO, DON DIEGO DAS MARIÑAS PARRAGUÉS, E O CONTEXTO DA CANCIÓN En Pardo (1657: 408409), a quen segue Vaamonde Lores (1917: 181187), atopamos quizais a máis temperá noticia biográfica do dedicatario da canción, don Diego das Mariñas Parragués, e talvez a máis precisa. Os datos que achega resolven boa parte das alusións históricas do poema9:
Don Diego de las Mariñas, que fue paje del Señor Rey Don Felipe el Segundo, hallòse con el Señor Don Iuan de Austria en la guerra de Naverino en la Goleta, y Tunez, Sirviò en Flandes hasta que murio este Principe, fue a la jornada de Aragon à su costa, hizole merced à la buelta su Magestad del Abito de Santiago, y juntamente le mandò gouernar la gente de guerra de Galizia, honròle muerto su padre, el señor Rey Don Felipe Tercero, cõ el oficio de GentilHombre de la boca, y con el de Escriuano de raciones del Reyno de Napoles, despues le hizo Mayordomo mayor de los Principes de Saboya, Gouernador, y Capitan General del reyno de Galizia, y Presidente de la Audiencia de la Coruña, y Cauallerizo mayor del Principe Filiberto, à qui? acompañò e en las jornadas de Napoles, y Sicilia, dandole su Magestad la Encomienda de Bisagres junto a Cordoua, para ayudas de costa, muriò en las Costas de Grecia, sin dexar sucession, sirviendo el oficio de teniente de Principe de la mar, aviendo sido casado con Doña Mariana de Velasco, hermana de Don Alonso de Velasco primer Conde de Rivilla, (...) por cuya muerte entraron en el señorio destas casas los Señores de la de Torès.
O hábito de Santiago foille concedido en 1593 e por esas datas era nomeado Gobernador e Capitán Xeral de Galicia10, nunha etapa en que este reino asumiu un papel de primeira orde nas empresas militares da Monarquía. O seu empeño máis recoñecido foi a fortificación da cidade da Coruña, que desde o seu nomeamento viu avances moi notables respecto aos levados a cabo polo seu predecesor. Xa en xuño de 1594, Mariñas comunicaba ao rei «el inicio de las obras de la muralla en la zona del convento de S. Francisco y las del castillo de Santa Cruz» (Saavedra Vázquez 1996: 117, n. 137). Arredor desa data, 1594, debeu de escribirse a Canción, segundo se desprende das estanzas VIII e IX que refiren o labor de fortificación que don Diego emprenderá na Coruña. Hai diverxencias importantes respecto ao lugar de nacemento, polo menos entre as testemuñas que constan no expediente para a obtención do hábito de Santiago [AHN
Nº 364 254